Diferenzas entre revisións de «Paramecio»

Engade 1 libro para verificar) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
(Engade 1 libro para verificar) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot)
 
Teñen numerosos [[cilio]]s que cobren toda a súa superficie e que lle dan mobilidade, os da parte posterior algo maiores. Tamén ten cilios no citostoma, que son un pouco máis grandes e lle axudan a capturar o alimento. Para moverse cara a adiante os seus cilios baten nun ángulo de 120 graos, cara atrás todos ao unísono. O paramecio móvese facendo espirais pola auga. Pode moverse tamén para atrás se os cilios baten formando un ángulo cara a adiante todos á vez. Se choca contra un obxecto recúa, xírase lixeiramente e vai de novo para adiante, repetindo isto ata que salva o obstáculo. Pode moverse nun segundo unha distancia 12 veces maior que o seu tamaño.
 
A membrana externa absorbe e expulsa regularmente auga do exterior coa fin de controlar a [[osmorregulación]], proceso dirixido por dous [[vacúolo contráctil|vacúolos contráctiles]].<ref>{{Cita libro|title=Biology|url=https://archive.org/details/biologynastaedit00camp|last1=Campbell|last2=Reece|last3=Urry|last4=Cain|last5=Wasserman|last6=Minorsky|last7=Jackson|first1=Neil A.|first2=Jane B.|first3=Lisa A.|first4=Michael L.|first5=Steven A.|first6=Peter V.|first7=Robert B.|edition=9th|isbn=9780321558237|page=[https://archive.org/details/biologynastaedit00camp/page/n614 134]|year=2009}}</ref> Está recuberto por unha película, que é unha membrana resistente pero elástica.
 
Nalgunhas especies como ''P. trichium'' hai dous vacúolos contráctiles simples, pero o máis habitual é que estes vacúolos teñan unhas estriacións radiais que lle dan un aspecto de estrela.
149.640

edicións