Cidade de Guatemala: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 47:
En tempos da colonia española era unha pequena cidade cun mosteiro chamado '''O Carme''', fundado en [[1620]]. A sede da capitanía xeneral de Guatemala, dependente do vicerreinado da [[Nova España]] mudouse a este lugar dende a vella capital [[Antiga Guatemala]] en [[1775]] ao ''Valle de las Vacas'' ou de ''la Ermita'', como se coñece ao val onde está asentada a cidade; o que induciu a unha grande expansión da cidade.
 
O seu desenvolvemento viuse afectado en incontábeis ocasións por desastres naturais, terremotos na súa maioría; que devastaron a cidade e os seus arredores. O último que a afectou foi o terremoto de [[1976]], que danou seriamente a estrutura moderna construída e a que se atopaba en construción, ao igual que reliquias históricas coma as igrexas de Nosa Señora da Mercé, Nosa Señora do Carme (primeira igrexa construída no val cara a [[1620]]), o edificio do Mercado Central (hoxe convertido nun edificio toscobasto que inclúe un centro de artesanías nacionais para o turista).
 
Fundada oficialmente o [[2 de xaneiro]] de [[1776]], abarcaba unha área aproximada de 10 x 20 rueiros (1 rueiro = 7000 metros cadrados), o seu crecemento deuse en todas direccións, sendo predominantes o sur occidente e o sur oriente. O seu crecemento tomou varias poboacións que nos seus inicios atopábanse afastadas, e que hoxe forman parte da cidade. Algunhas destas son Mixco, Santa Catarina Pinula, Villa Nueva e San José Pinula. Tamén se deu o fenómeno das '''cidades dormitorio''', coma Fraijanes, Villa Canales e Amatitlán. Nestas cidades e vilas, os desenvolvementos urbanísticos son moitos e amosan o gran crecemento de poboación da cidade, pero esta aínda padece de escaseza de vivenda, o que fomenta a aparición de barriadas en zonas de alto perigo, coma as ladeiras e barrancos característicos da rexión.