Papel maché: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 33:
== Pasta de papel para modelar ==
Faise igual que a anterior, pero non é preciso escorrela tanto, pois levará máis proporción de xiz. Convén deixala máis tempo no remollo, e batela máis para que saia unha pasta máis fina. Unha vez coada (pero que pingue e sen apertala nada para que non se apelmace) ponse nun caldeiro, engádese unha boa cantidade de cola, espachúrrase entre os dedos para que se mesture coa cola, e logo váiselle engadindo o xiz segundo se amasa, e un corro de aceite de liñaza. Pódese engadir auga se se ve que non acepta máis xiz por falla de humidade. Pódese engadir po de [[barro]], para darlle máis plasticidade, e [[serradura]]s, [[area]], ou mesmo [[Cemento (construción)|cemento]] para que endureza antes e quede máis duro (para un modelado áxil e pouco perfeccionista, debido ao cemento).
A pasta básica (a que non leva cemento) modélase, en macizo ou en oco (usando unha forma interior de papel enrolado ou calquera estrutura extraíble, ou non putrefacta se ha de quedar dentro -téñase en conta á contracción no secado-). Nunca se aplicará sobre molde, pois pegaríase, e se se usa un obxecto a xeito de molde (unha tazacunca, por exemplo) hai que untala con vaselina, aceite, ou simplemente poñéndolle un plástico fino, para que non se adhira.
 
{{Control de autoridades}}