Escenografía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m pano de fondo
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 16:
O anterior evidencia que houbo problemas de formas similares en todos os tempos, e conceptos prácticos coincidentes. A escenografía pura como contribución da personalidade do pintor escenógrafo para lograr un todo orgánico no espectáculo e unha atmosfera adecuada á obra, é unha conquista da época moderna.
=== Idade Moderna ===
O [[renacemento]] dános por primeira vez un teatro (o Olímpico de [[Vicenza]], 1585, obra do arquitecto [[Andrea Palladio]]) un escenario de madeira, síntese grandiosa da estética arquitectural da escenografía da época, e que consistía en que a decoración estivese disposta segundo os canons [[Arte|artísticos]] da perspectiva lineal. Columnas corintias, [[baixorrelevo]]s, [[estatua]]s, e cornisamentos adornan a fachada escénica. No medio ábrese a porta maior, ou porta real, segundo [[Vitrubio]], porque só os actores principais aparecían por ela, a xeito do teatro grego. A través do [[Van (construción)|van]] vense palacios de relevo aplanado, reducidos en perspectiva, formando unha rúa que parece ser a de [[Tebas, Grecia|Tebas]], porque esa foi a cidade na que reinou [[Edipo]], e coa [[traxedia]] do mesmo nome inaugurouse o teatro. A ilusión óptica da extensión da rúa é completa. Paulatinamente foi transformándose a decoración fixa en móbil, e a escena tivo unha época maxestuosamaxestosa e brillante tanto en [[Italia]] como en [[Francia]]. A ópera participou no desenvolvemento, pois era un xénero que reclamaba gran presentación e apoio económico. Pero para que esas novas conquistas cobrasen importancia era necesario que o arquitecto, que era á súa vez construtor e pintor, fose deixando paso aos escenógrafos, é dicir, aos especializados na arte de crear climas escénicos.
[[Ficheiro:Bibiena Stage Set Garden.jpg|miniatura|Parque nunha escenografía de Galli Bibiena]]
Os Galli Bibiena ([[1659]]-[[1743]]) fixeron o achado de conseguir e lanzar a nova perspectiva pictórica, de forma que a [[arquitectura]] non só se vise de fronte, senón que nos ofrecese aspectos desde diferentes [[ángulo]]s. Deste xeito naceu un tipo novo de escenógrafo pintor. A iluminación escénica tamén debía axudar nas conquistas da escenografía.