Giorgio Vasari: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 31:
 
== Obra de pintura ==
Débenselle os frescos do gran salón do pazo da Chancelaría en Roma e especialmente algúns dos frescos decorativos do  [[Palazzo Vecchio]]  en Florencia ([[Cronos  castrando ao seu pai  Urano]]). Comezou os frescos da cúpula da catedral de Florencia, que non acadou rematar. Cabe salientar a peza  ''[[A  adoración dos pastores]]'', que conserva unha estreita relación co fresco do convento de Santa Margarita  en  [[Arezzo]]. O soporte de pedra que o artista elixiu conta cunha delgada preparación. O óleo matizado logra expresar unha profundidade de planos, típico recurso do Barroco Neoclásico. ''Eu lembro que realicei unha pequena pintura da natividade de Cristo, a cal regalei á miña Señora  Costanza de Medici.''
 
En [[1563]] fundou a  [[Accademia  delle  Arti del Disegno]]  en Florencia, baixo a protección do duque  [[Cosme  I de  Médicis]]  e con  [[Michelangelo]], cabeza da institución, e trinta e seis artistas elixidos coma membros.
 
A obra pictórica de  Vasari  móstrase en todo o seu esplendor no interior do Pazo  Vecchio, na coñecida Sala dos  Cincocentos. En 1563 a sala é encomendada a  Vasari  co fin de levar a cabo unha remodelación decorativa acorde coa grandeza do pazo. Coma resultado temos un impresionante salón de 52  x  23 metros, cuxas paredes están decoradas con obras do pintor: a conquista de  Siena, a toma de  Porto Ercole, a vitoria de  Cosme  I de Marciano  dellaChiana, a derrota de Pisa en  San Vincenzo, o ataque de  Mazimilianode Austria en  Livorno  e Pisa atacada polas tropas de Florencia. A decoración do teito representa, en 39 paneis, os episodios máis importantes da vida de  Cosme  I, os barrios da cidade e, no centro, a escena do seu nomeamento como Gran Duque de Toscana. A ambos os dous lados, xunto ás paredes, encontramos seis estatuas, incluíndo o ''[[Xenio da Vitoria]]'' de  Michelangelo.
 
Hai unha polémica pola existencia dunha obra de  [[Leonardo da Vinci]] coñecida como ''[[A  batalla de  Anghiari]]'', que no seu tempo se encontraría pintada ao fresco nestes muros pero que actualmente está perdida. Barállase a posibilidade de que ao redecorar a sala, Vasari  ocultásea baixo as súas pinturas. Un dos elementos que reforzan esta teoría é a existencia dunha expresión italiana situada na bandeira dun dos frescos de  Vasari, que di:  ''Cerca Trova'' (literalmente: procura e acharás).
 
== ''As vidas dos máis excelentes pintores, escultores e arquitectos'' ==
Liña 52:
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Giorgio Vasari}}
=== Ligazóns externas ===
{{Commonscat|Giorgio Vasari}}
* [http://www.soloarquitectura.com/arquitectos/vasarigiorgio.html Biografía e proxectos de Giorgio Vasari] en Soloarquitectura.com
* [https://web.archive.org/web/20080926150014/http://biblio.cribecu.sns.it/vasari/consultazione/Vasari/indice.html ''Le Vite''. Edizioni Giuntina e Torrentiniana]
Liña 59:
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Vasari,Giorgio}}
[[Categoría:Arquitectos do Renacemento]]