Quinn Cook: Diferenzas entre revisións

baloncestista estadounidense
Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Comezo dende enwiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de outubro de 2020 ás 10:53

Quinn Alexander Cook, nado o 23 de marzo de 1993 en Washington, D.C., é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Con 1,85 metros de estatura xoga na posición de base.

Quinn Cook
Los Angeles Lakers – No. 28
Posición Base
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 23 de marzo de 1993 (31 anos)
Washington, D.C.
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Información da carreira
Instituto HDeMatha Catholic
(Hyattsville, Maryland)
Oak Hill Academy
(Mouth of Wilson, Virxinia)
Universidade Duke (2011–2015)
NBA Draft 2015 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2015
Historial de equipos
Canton Charge (2015–2017)
Dallas Mavericks (2017)
New Orleans Pelicans (2017)
Golden State Warriors (2017–2019)
Santa Cruz Warriors (2017–2018)
Los Angeles Lakers (2019–presente)
Información en nba.com

Traxectoria profesional

Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2015, Cook asinou cos Oklahoma City Thunder para a Liga de Verán de Orlando, e cos Cleveland Cavaliers para a Liga de Verán de Las Vegas.[1] En setembro de 2015, asinou cos Cavaliers, pero foi cortado tras participar en seis partidos de pretemporada.[2]

O 26 de febreiro de 2017, Cook asinou un contrato de dez días cos Dallas Mavericks.[3] Debutou na NBA o día seguinte, xogando 17 minutos na vitoria por 96–89 contra os Miami Heat.[4]

O 19 de marzo de 2017, Cook asinou un contrato de dez días cos New Orleans Pelicans.[5] Tras asinar un segundo contrato de dez días o 29 de marzo de 2017,[6] os Pelicans quedáronse con Cook ata o final de tempada.[7]

O 17 de outubro de 2017, Cook asinou cos Golden State Warriors, onde conseguiu o seu primeiro campionato da NBA en 2018 despois de que os Warriors derrotasen ós Cleveland Cavaliers en catro partidos. O 28 de xuño de 2019, os Warriors convertiron a Cook en axente libre restrinxido.[8]

O 6 de xullo de 2019, Cook asinou cos Los Angeles Lakers.[9]

Notas

  1. "Quinn Cook signs on to play in NBA summer league". NBA.com. 27 de xuño de 2015. Consultado o 27 de xuño de 2015. 
  2. "Cavaliers Waive Quinn Cook". NBA.com. 24 de outubro de 2015. Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  3. "Mavs sign Quinn Cook to 10-day contract". Mavs.com. 26 de febreiro de 2017. Consultado o 26 de febreiro de 2017. 
  4. "Heat vs. Mavericks – Box Score". ESPN.com. 27 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  5. "Pelicans Sign Quinn Cook to a 10-Day Contract". NBA.com. 19 de marzo de 2017. Consultado o 19 de marzo de 2017. 
  6. "Pelicans Sign Quinn Cook to Second 10-Day Contract". NBA.com. 29 de marzo de 2017. Consultado o 29 de marzo de 2017. 
  7. "Pelicans Sign Quinn Cook for Remainder of 2016-17 Season". NBA.com. 8 de abril de 2017. Consultado o 8 de abril de 2017. 
  8. "Warriors extend the qualifying offer to point guard Quinn Cook". 29 de xuño de 2019. 
  9. "Lakers Sign Quinn Cook, DeMarcus Cousins, and Danny Green". 6 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas