Mormonismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 57:
== O Libro do Mormón ==
 
{{Ver artigo principal|[[Libro de Mormón]]}}
 
É o volume de escritura sacra fundamental do mormonismo, de aí o seu alcume, e considérano contemporáneo coa Biblia e semellante a ela na súa misión de verificar a existencia de Xesucristo e o seu rol divino. É unha historia da comunicación de Deus con antigos habitantes das [[América]]s. Comeza 600 anos antes de Cristo, cando Divos mandou a un profeta chamado Lehi a saír de Xerusalén coa súa familia para ser conducidos, de xeito milagroso, a unha nova terra prometida: América. Logo de Lehi, o Libro de Mormón relata o chamado doutros profetas: Nefi, Mosíah e Helamán, entre outros. Mormón foi un deses profetas e foi quen compendiou os escritos de todos os profetas que lle precederon nun libro, o cal sería o Libro de Mormón, un complemento á [[Biblia]].
Liña 63:
== Doutrinas e Convenios ==
 
{{Ver artigo principal|[[Doutrinas e Convenios]]}}
A pesar de que varios grupos relixiosos partiron da Igrexa orixinalmente establecida por Joseph Smith, todas manteñen adherencia ás revelacións modernas das súas lideres sucesores de Smith, as cales escribíronse nun ou varios volumes de libros considerados sacros e transmitidos ás congregacións da súa fe. O nome dos libros varía, de acordo á igrexa en cuestión, partindo todos da Doutrina e Convenios: Doutrina e Pactos, A Palabra do Señor, etc; mentres que outras denominacións seguen algunhas, mais non todos os ensinos de Joseph Smith.