Diferenzas entre revisións de «Afonso XII de España»

Sendo aínda un neno os seus pais foron destronados pola [[revolución de 1868]], "La Gloriosa", e foron obrigados a exiliarse, polo que se educou en diversas cidades europeas como [[París]], [[Viena]] etc. A súa nai renunciou ao seu cargo como raíña en favor do seu fillo, nun documento que firmou en París en [[1870]]. Nestes anos sucedéronse varios gobernos provisionais (1868-70), o reinado de [[Amadeo I de Savoia]] e a [[Primeira República española]] (1873-1874). Esta foi ''liquidada'' polo [[Manuel Pavía|xeneral Pavía]], e grazas a isto, abriuse un período de gobernos provisionais. Durante esta etapa histórica ([[sexenio Revolucionario]]).
 
O [[1 de decembro]], Afonso fixo público un manifesto ([[Manifesto de Sandhurst]]), presentándose aos españois como príncipe católico, español, constitucional e desexoso de servilos. O 29 de decembro de [[1874]] prodúcese a restauración da monarquía en España. Naquel momento, o xefe do estado era o [[Francisco Serrano Domínguez|xeneral Serrano]], imposto a raíz do golpe de estado do xeneral Manuel Pavía que supuxera a caída da Primeira República. O xefe de goberno provisional era o[[Práxedes xeneralMateo Sagasta]].
 
En xaneiro de [[1875]] chegou a España e foi proclamado rei perante as [[Cortes Xerais|Cortes Españolas]]. O seu reinado consistiu en restaurar a [[monarquía]] e o país ''arranxando'' as disputas internas, adquirindo así o seu alcume de "Pacificador".
200.267

edicións