Gripe de 1918: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Redacc.
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 3:
 
== Nome ==
Aínda que se ignora onde apareceu o [[virus]], as primeiras noticias sobre a súa intensidade publicáronse en xornais españois. España era un país neutral no conflito que asolaba o resto de Europa, e tiña unha política de [[censura]] liberal, sen aplicar a censura previa na prensa<ref>Estaba en vigor a lei de imprensa de 1883, considerada garantista na liberdade de prensa. Manuel Suárez Cortina "Élites republicanas y periodismo en la España de fines del siglo XIX" inen Paul Aubert e Jean-Michel Desvois (2001) ''Les élites et la presse en Espagne et en Amérique latine des Lumières à la seconde guerre mondiale''. Casa de Velázquez-Université de Provence, pp. 67-87</ref>. Xa que logo, as informacións sobre a propagación da epidemia nin se suprimían nin se adozaban, e cando o rei [[Afonso XIII]] colleu a enfermidade en maio de 1918 a axencia [[Reuters]] informou da aparición en Madrid dunha estraña enfermidade da que non había constancia de mortos<ref>Pete Davies (1999) ''Catching Cold – The Hunt for a Killer Virus''. Londres:Penguin Books, LondonLondres 1999, p. 59</ref>. A partir de xuño incrementouse o uso do termo '''gripe española''' nas informacións da prensa internacional<ref>Manfred Vasold (2009) ''Die Spanische Grippe. Die Seuche und der Erste Weltkrieg''. Darmstadt:Primus Verlag, p. 31.</ref>. A prensa española da época para se referir á epidemia empregaba formas como ''soldado de Nápoles'', ''dama española'' ou ''enfermedad de moda'' <ref>Manuel Sánchez "Del “soldado de Nápoles” a la “dama española”. La pandemia de 1918" ''HALLALI. Revista de estudios culturales sobre la Gran Guerra y el mundo hispánico'' nº4. 2009</ref> e aparecían informacións levando a orixe da enfermidade a Francia, traída supostamente a España por inmigrantesemigrantes retornados. Noutros países tamén recibiu nomes locais, así en AlemañíaAlemaña os soldados denominárona ao primeiro ''Blitzkatarrh'' (catarro lóstrego) <ref>Alfred W. Crosby (2003) ''America's Forgotten Pandemic: The Influenza of 1918'' Cambridge University Press, p. 26</ref> e os militares británicos chamárona ''Flanders Flu''<ref>W. Mitchinson (2014) ''The Territorial Force at War, 1914-16'' Springer, p. 95</ref>.
 
== Historia e características ==