Carlos Núñez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 89.141.129.85 (conversa); cambiado á última versión feita por Elisardojm
Etiqueta: Reversión
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
 
== Traxectoria ==
Naceu en [[Vigo]] en 1971 nunha familia comunista (o seu pai, Carlos Núñez, era un dos líderes do [[PCG]]), e comezou a tocar a gaita galega aos oito anos. Aos doce, foi invitado para tocar na [[Orquestra Sinfónica de Lorient]] e en [[1989]] gañou o [[Trofeo Macallan de Gaita]], no [[Festival Intercéltico de Lorient]], despois de quedar segundo nas dúas edicións anteriores.<ref>{{Cita novas|data=10 de agosto de 1988|título=O enguedello do Macallan|url=|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=20|apelidos=Bouza Barcia|nome=X.}}</ref> Tamén ese ano gravou xunto ao grupo irlandés [[The Chieftains]] a banda sonora da película ''[[Treasure Island (filme de 1990)|Treasure Island]]'', cos que seguiría colaborando até ser coñecido como ''o sétimo Chieftain''. Núñez ademais completou a súa formación no ensino académico obtendo a cualificación de [[matrícula de honra]] e Premio Extraordinario Fin de Carreira no instrumento [[frauta doce|frauta de pico]] polo Real Conservatorio Superior de Música de [[Madrid]].
 
Carlos Núñez é un estudoso incansábel da [[música celta]] e no panorama internacional está considerado como un [[erudito]] do tema. As súas investigacións seguen basicamente dúas liñas relacionadas entre si: a orixe da música celta e a súa fusión coas músicas do mundo actuais. O seu interese polo tema levouno a percorrer o globo e a relacionarse con músicos e artistas dos países que visitou, para logo plasmar os seus coñecementos e experiencias na súa prolífica [[Álbum musical|discografía]].