Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 1.677:
:Sobre a píldora dourada, americana e siberiana, xa que o termo píldora é aceptado pola RAG e temos as dúas fontes que coinciden neste nome, eu diría de deixalo así, é unha forma referenciada dobremente e que ten termos totalmente correctos. Se no futuro a RAG engade esta especie á lista de píldoras entón si, xa non nos quedará máis remedio que movela, pero polo momento eu penso que agora é máis correcto desta forma xa que segue as formas escollidas nas fontes... E moitas grazas por estar atento ós cambios que se fan nestes artigos :) Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 6 de outubro de 2020 ás 20:11 (UTC)
::[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]], acabo de atopar esta fonte [https://www.seo.org/wp-content/uploads/2019/06/ListaAvesdeEspa%C3%B1a2019_GAL.pdf LISTA DE LAS AVES DE ESPAÑA Edición de 2019 (nombres en gallego)] que di que está baseado nunha "Proposta de lista unificada de nomes galegos das aves do Paleártico Occidental" (Romay Cousido, C. D., Taboada Martínez, J., Conde Teira, M., González Prieto, S. &Penas Patiño, X. M. (en prensa). Proposta de lista unificada de nomes galegos das avesdo Paleártico Occidental. Chioglossa, 5: XXX-XXX) que, se entendo ben, vai publicarse en Chioglossa 5 (polo momento creo que só está publicado o 4). Aínda non o mirei ben, tentarei localizar esa proposta para ver que cousas interesantes ten. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 6 de outubro de 2020 ás 20:34 (UTC)
:[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]], se nos atemos ao que pon a Lista unificada que ti mencionas, esta coincide coa miña opinión expresada anteriormente nos tres casos. O nome que lle asigna esa lista ao "vencello" de cheminea é '''cirrio de cheminea'''. Está claro que vencello aí era un intento de traducir literalmente o castelán vencejo calcando a palabra, pero iso non é correcto, polo que penso que se debe retirar a súa mención da Lista de aves de Galicia. A "escribenta" denomínase na lista unificada '''escribidor nival'''. As "píldoras" (''Pluvialis'') denomínanse na lista unificada píllaras, é dicir, '''píllara dourada americana''', '''píllara dourada siberiana''' e '''píllara dourada europea''' (esta última simplemente píllara dourada no DRAG). Sigo pensando que as outras denominacións non son as máis correctas (nin as máis actualizadas) e eu xa vira que eses nomes tiñan problemas, por iso os puxera con nome científico. Tamén aparece na Lista unificada a gaivota tridáctila e hai varias especies que cambian de nome ou de nome preferente. Haberá que revisala con máis calma e esperar que se publique a versión definitiva--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 7 de outubro de 2020 ás 18:05 (UTC)