Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 1.672:
== Vencejo, escribenta e píldora ==
 
Ola [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]]. Fixeches un cambio de nome na páxina ''[[Chaetura pelagica]]'' que penso que é incorrecto. Penas Patiño dálle o nome de "vencello" de cheminea como en inglés (''chimney swift''), pero calcando o castelán ''vencejo'', que traduce por "vencello". O DRAG rexeita específicamente o uso de vencello como nome de ave equivalente a ''vencejo'', que traduce como '''cirrio''' ou '''birrio''' (ver {{DRAG|vencello}} ), nome extensible a moitos apodiformes. Se queremos poñer un nome (non referenciado aínda) para esa ave tería que ser cirrio de cheminea ou birrio de cheminea, pero non vencello de cheminea. Eu xa sabía isto, polo que puxen como nome de páxina o nome científico e non incluín o de vencello de cheminea na Lista de aves de Galicia. Penso que hai que desfacer o cambio. Igual digo para [[escribenta das neves]], xa que no DRAG non aceptan escribenta como nome de paxaro senón '''escribente''' ou '''escribidora''' (ver {{DRAG|escribente}} ), e igualmente foi por iso que a páxina tiña o nome científico. En canto a [[píldora dourada americana]], se non se quere deixar polo momento o nome científico, eu daríalle preferencia a píllara dourada americana. Neste caso o DRAG acepta píldora como paxaro, pero tamén píllara e pon todos os nomes de especies en '''píllara''', dandolle preferencia ante píldora, como se pode ver no apartado de Frases e expresións da entrada píllara do DRAG (ver {{DRAG|píllara}} ). Mesmo hai unha ave que chama píllara dourada (que é doutra especie do mesmo xénero), pero a americana recibe ese nome por analoxía coa píllara dourada "galega". Outro exemplo é a píllara cincenta do DRAG, que Penas chama píldora cincenta. Por outro lado, no DRAG fan sinónimo píldora de bilurico, cando os biluricos son do xénero''Tringa'' e ''Actitis'', mentres que a píldora dourada americana é un ''Pluvialis'' (igual que as píllaras). Eu optei por deixarlle o nome científico para non meterme en bulleiros, pero de poñer un nome común poñería píllara. O mesmo para [[píldora dourada siberiana]]. En xeral, nas páxinas de aves galegas que fixen eu, puxen sempre os nomes de Peñas Patiño ou de Conde Teria, excepto naqueles casos en que o DRAG expresamente rexeitaba os nomes ou inclinábase claramente cara a unha forma. Quero dicir, que as páxinas cos nomes científicos non foron tituladas así ao chou, senón porque o considerei máis prudente (pero tampouco son infalible). Outro caso é o de movella (DRAG) e mobella (Conde Teria), ao que lle din preferencia ao DRAG. Hai formas que, por moito que aparezan nalgunhas referencias valkiosas (Penas, Conde Teria), xa non teñen futuro, porque xa o DRAG tomou a decisión de non aceptalas e optar por outras.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 6 de outubro de 2020 ás 16:08 (UTC)