Diego de Andrade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 40:
A máis dos señoríos de Pontedeume, Ferrol e Vilalba herdados do seu pai, o seu casamento con [[María das Mariñas]], filla de [[Gómez Pérez das Mariñas I|Gómez Pérez das Mariñas]], deulle a posesión das terras das Mariñas dos Condes e as dos Frades, que formaron a xurisdición de Miraflores. Isto fixo a Diego de Andrade señor dun gran territorio que abarcaba as terras comprendidas entre [[A Coruña]], Ferrol e Vilalba.
 
Unha vez asegurado o señorío e xurisdición dos seus estados, tentou facerse tamén co señorío eclesiástico. Para iso, reclamou o dereito da presentación dos beneficios da [[Ferrolterra|comarca ferrolá]] ao posuidor del, o [[Mosteiro de San Martiño de Xuvia]]. O [[13 de xullo]] de [[1472]] os frades do referido mosteiro outorgan en Diego de Andrade e os seus descendentes o señorío e o dereito de presentar os beneficios dunha gran cantidade de [[freguesía]]s de [[Ferrolterra]]. Así mesmo afóranlle as sinecuras das anteriores freguesías e doutras máis. Todas estas cesións e foros cústanlle a Diego de Andrade ''catrocentos marabedís de moeda vella de dez [[Cornado (moeda)|cornados]] o [[marabedí]] ... pago por cada día de San Martiño de novembro en cada ano''.
 
== Fin das revoltas irmandiñas ==