Execución da familia Romanov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 9 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 101:
[[Mauser C96|Mauser de 7.65]], unha [[Smith & Wesson]] e sete [[Nagant M1895|Nagant]] de fabricación belga. As Nagant funcionaban coa antiga pólvora negra que producía unha gran cantidade de fume.{{sfn|Rappaport|2010|p=181}}
 
No seu despacho, Iurovksi asignou as vítimas a cada un dos integrantes do pelotón, antes de repartir as pistolas. El quedou cunha das Mauser e unha Colt, mentres que Ermakov colleu sete Nagants, unha Mauser e unha baioneta; foi o único que recibiu o encargo de matar dúas vítimas, Alexandra e Botkin. Iurovski explicou aos seus homes que debían "disparar directamente ao corazón e evitar un excesivo derramederramamento de sangue e rematar cedo".{{sfn|Sebag Montefiore|2016|p=644}} Polo menos dous dos letóns, un prisioneiro de guerra austrohúngaro chamado Andras Verhas e mais Adolf Lepa, rexeitaron disparar ás mulleres. Iurovski enviounos a casa Popov por non estar á altura "nun momento tan importante da súa tarefa revolucionaria".{{sfn|Rappaport|2010|p=182}} Nin Iurovski nin o resto dos presentes coñecían o procedemento para desfacerse eficientemente dos once cadáveres.{{sfn|Rappaport|2010|p=201}} O comandante estaba baixo a presión de asegurarse de que ningún resto fose atopado máis adiante polas tropas monárquicas e supuxese un aumento do anticomunismo.{{sfn|Rappaport|2010|p=175-176}}
 
== Execución ==