Cabo Cod: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 16:
Provincetown foi un conxunto de cabanas até o [[século XVIII]]. No mapa de Southhack de [[1717]] móstrase un canal desde a [[baía de Massachusetts]] á [[baía Buzzards]], pero o canal actual tivo unha accidentada construción entre 1870 e 1914. O canal foi adquirido polo goberno federal en 1928.
 
Ao sur, próximas ao Cabo, están as illas de [[Martha's Vineyard]] e [[Nantucket]]. Martha's Vineyards fíxose famosa hai algúns anos por ser o lugar onde o presidente norteamericano [[Bill Clinton]] pasaba as súas vacacións de verán. Nantucket, que no idioma indíxena local, o wampanoag, quere dicir "a illa que está distante", foi un gran centro da [[baleeiro|industria baleeira]] nos séculos [[século XVIII|XVIII]] e [[século XIX|XIX]]. Esta actividade, que xerou naquela época un gran fluxo de diñeiro na illa, inspirou a escritores como [[Nathaniel Philbrick]] (''No corazón do mar'') e, tal veztalvez, o máis famoso [[Herman Melville]], que escribiu ''[[Moby Dick]]''.
 
Outro feito interesante, que marcou a historia do cabo Cod, foi a construción da estación experimental para [[Radio (medio de comunicación)|radiotransmisión]] de [[Guglielmo Marconi]] en Wellfleet. Foi nesta estación desde a que se emitiu a primeira mensaxe transatlántica de radio, o [[18 de xaneiro]] de [[1903]], orixinada nos [[Estados Unidos]], que foi enviada polo presidente [[Theodore Roosevelt]] ao rei [[Eduardo VII do Reino Unido]]. Esta estación foi tamén unha das primeiras en recibir os sinais de socorro do navio ''[[Titanic]]''.