Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== Véxase tamén == +==Véxase tamén==)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 4:
Para concorreren ás eleccións os principais partidos republicanos e os de esquerda coaligáronse para obteren os deputados reservados ás maiorías, mentres polo bando da dereita formaban candidaturas de independentes que posteriormente acabarían integrándose na [[CEDA]].
 
== Resultados ==
En toda Galicia a ORGA, que concorría baixo as siglas da FRG, resultou a forza vencedora con 14 escanos, o Partido Radical obtivo 11 escanos, o PSOE 8, o Partido Radical-Socialista 2, Derecha Liberal Republicana 2, Galeguistas 2, Acción Republicana 1, independentes de dereita 4 escanos, Rexionalista 1 (Manuel Portela Valladares), Partido Radical Agrario 1 e a Unión Monárquica 1.<br>
Nas Cortes a FRG, os galeguistas e algún outro deputado formaron a Minoría Gallega.
Liña 14:
Na provincia de Lugo a FRG coaligouse con [[Manuel Portela Valladares]] e elementos da dereita como o xeneral [[José Sanjurjo]], pero tras a anulación e a repetición das eleccións en agosto integráronse na candidatura o PSOE, o Partido Radical e a [[Derecha Liberal Republicana]] que conseguiu os 8 escanos reservados para a maioría: 3 FRG, 2 Partido Radical, 2 PSOE, 1 DLR e 1 para Manuel Portela Valladares. Os 2 escanos das minorías foron para candidatos republicanos conservadores que se integraron no Partido Radical.
 
=== Ourense ===
Na provincia de Ourense formáronse dúas candidaturas para concorreren polas maiorías, a formada polo Partido Radical e o PSOE e a outra pola FRG, o [[Partido Radical-Socialista]] e o [[Partido Nazonalista Republicán de Ourense]].<br>
Polas maiorías o Partido Radical conseguiu 3 escanos, o Partido Radical-Socialista 2, PSOE 1, FRG 1 e o PNRO 1. Polas minorías 1 escano foi para [[Acción Republicana]] e 1 para Unión Monárquica de [[José Calvo Sotelo]].
 
=== Pontevedra ===
Na provincia de Pontevedra formouse unha única candidatura para concorreren pola maioría, formábaa a FRG, o PSOE e o Partido Radical. Polas minorías concorrían o [[Partido Radical Agrario]], a Derecha Liberal Republicana e a Candidatura Galleguista. A FRG conseguiu 4 deputados, o PSOE 4, o Partido Radical 1 e polas minorías a DLR 1 escano, PRA 1 e a Candidatura Galleguista 1 ([[Castelao]])
 
==Véxase tamén==
=== Outros artigos ===
* [[Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia]].