Ego, superego e id: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
Desfago (confundiu-se de wikipedia)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 3:
== Teoría Estrutural de Freud ==
 
=== O Id ===
O Id ([[latino]], "isto" en [[lingua galega|galego]], "Es" no orixinal [[lingua alemá|alemán]]) representa o pensamento procesual primario; os nosos impulsos primitivos, a [[líbido]] e os [[desexo]]s que procuran unha satisfacción inmediata. No Id localizaríanse as pulsións formadas por instintos, impulsos orgánicos e desexos inconscientes. Estaría rexido polo '''principio do pracer''' e organizado en torno ás tendencias e instintos primitivos da sexualidade e agresión. Freud tomou emprestado este termo do "Libro do Id" de [[Georg Groddeck]], un pioneiro da medicina [[psicosomática]].
 
=== O Ego ===
O Ego ou Eu é o centro da [[consciencia]], é o conxunto de ideas, pensamentos, sentimentos, lembranzas e percepcións sensoriais. Na visión de Freud o Ego media entre o Id, o Superego e o mundo exterior para equilibrar os impulsos primitivos, as ideas morais e tabús e as limitacións da realidade ("Ego" significa "Eu" en [[latín]]; a palabra orixinal [[lingua alemá|alemán]] aplicada era "Ich".) O Ego obedece ó '''princípio da realidade''', isto é, á necesidade de acadar obxectos que satisfagan o Id sen transgredir as esixencias do Superego. Aínda que nos escritos primeiros Freud identificaba o Ego co noso sentido da consciencia (o ''self''), máis adiante describiríao como unha serie de funcións psíquicas tales como verificación da realidade, defensa, síntese de información, funcionamento intelectual, memoria e similares. O Ego atópase reprimido entre tres escravitudes: os desexos insaciables do Id, a severidade represiva do Superego e o perigo do mundo exterior.
 
=== O Superego ===
 
O Superego sitúase en oposición ós desexos do Id. É a [[censura]] da presión que a sociedade e a cultura impoñen sobre o Id, impedíndolle satisfacer plenamente os seus instintos e desexos. É, por tanto, a [[represión]], en particular, a represión sexual, manifestándose á consciencia indirectamente, baixo a forma de [[moral]] e de [[tabús]], como un conxunto de prohibicións e deberes, e por medio da educación, inculcando o sentido do correcto e do incorrecto para lograr unha persoa moral, boa e virtuosa. O Superego baséase na internalización da cosmovisión da cultura, das [[norma]]s e [[mores]] (costumes) que o neno adopta ou asimila da cultura de seus pais e do medio que o arrodea nos primeiros anos de vida.