Dylan Thomas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: fi:Dylan Thomas
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 3:
Escribiu poemas, ensaios, guións, relatos autobiográficos e unha obra de teatro: "''Baixo o bosque de leite''" (''Under milk wood''), que recibiu, na súa versión radiofónica, [[1954]], o [[Premio Italia]] en [[1954]].
 
== Vida ==
 
Dylan Marlais Thomas naceu na cidade de [[Swansea]] no sur de Gales. O pai era escritor, e Thomas foi educado exclusivamente en [[lingua inglesa]], malia ser o [[Lingua galesa|galés]] a lingua de súa nai. O seu segundo nome, Marlais, debeullo ó nome [[bárdico]] de seu tío Gwilym Marles (de nome real William Thomas), pastor da igrexa [[unitaria]].
Liña 19:
Foi enterrado no cemiterio de Laugharne, en [[Gales]]. A súa muller, Caitlin, que faleceu en [[1994]], está enterrada ó seu carón.
 
== Estilo e influencias ==
 
Dylan Thomas é considerado o lider da literatura anglo-galesa e un dos poetas en lingua inglesa máis brillantes e, sobre todo, populares do [[século XX]]. O seu universo vivo e fantástico era unha reacción ás convencións sociais da súa época. Á contra de moitos escritores contemporáneos que amosaban tendencias sociais e políticas, Thomas escribiu unha poesía na que expresaba con paixón as súas emocións, ó que se traduce nun estilo poético intimo e lírico (Thomas escribiu, porén, catro poemas sobre a guerra, o máis famoso deles "''A Refusal to Mourn the Death, by Fire, of a Girl in London''"). Estaba máis preto dos poetas románticos que dos da súa xeración, da maior parte dos que difería polo uso da poesía oral. Este feito coincide coa maior difusión da radio e das técnicas de gravado e reprodución da voz. Caedmon, empresa promotora da audio-literatura, comezou as súas publicacións co poema de Thomas "''A Child's Christmas in Wales"'' (O nadal dun pícaro en Gales).