Na noite estrelecida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 5288080 de 77.27.23.91 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Sen resumo de edición
Liña 30:
== Estudo da obra ==
''Na noite estrelecida'' estrutúrase en tres poemas, chamados ''sagas'' polo autor: ''A espada Escalibor'', ''O cabaleiro do Sant Grial'' e ''O soño do Rei Artur''. É un dos textos que mellor responden ao que se ten cualificado como as "necesidades estéticas" ou o "programa estético" do [[nacionalismo galego]] das [[Irmandades da Fala]]; singularmente, na liña do pensamento de [[Vicente Risco]], daquela o principal ideólogo da organización irmandiña. Deste xeito estabelece varios paralelismos: o cáliz identifícase co escudo que representa a identidade de Galiza, os cabaleiros da Táboa Redonda coas Irmandades da Fala, e a procura do Graal, coa arela de redención e liberdade da [[Nosa Terra]].<ref>{{Cita libro|título = Lingua galega e literatura|apelidos = Díaz Núnez|nome = Celia|editorial = [[Anaya]]|ano = 2013|ISBN = 978-84-678-2597-8}}</ref>
[[Ficheiro:Sálvora-Aguiño11eueSalvora e Aguiño.jpg|miniatura|300px|''Amada dos vellos deuses,
mortos e esquecidos xa,
que [[Illa de Sálvora|Sálvora]] lle chamaron,
afeitos nela a atopar
repouso doce e tranquilo
de celestiais afáns''.]]
A través dunha reasunción libre dos míticos [[rei Artur|artúricos]], Cabanillas levou adiante na súa obra unha verdadeira exaltación mítico-patriótica de [[Galicia|Galiza]]. Para tal labor, botou man, canto aos elementos narrativos, das tradicións artúricas que non puido coñecer desde o legado medieval galego-portugués por seren descoñecidos os textos que as conteñen naquelas datas. Ao mesmo tempo, Cabanillas reactualizou tamén os [[Mitoloxía celta|mitos célticos]] e asemade incorporou elementos xeográficos, literarios, históricos... procedentes dos espazos escoceses, galeses ou irlandeses. Porén, todo ese conglomerado de elementos artúricos, célticos, atlánticos... aparece nitidamente galeguizado nos versos de ''Na noite estrelecida''. Deste xeito, Galiza aparece como a verdadeira "Terra Prometida", o solar dos [[Cabaleiros da Táboa Redonda]] e o territorio onde se han de cumprir, actualizadas, as vellas profecías que auguran para a "raza" celta un porvir glorioso.