Diego Velázquez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 53:
Trátase do retrato máis aclamado en vida do pintor e segue aínda hoxe en día suscitando admiración, é o que realizou ao papa Inocencio X. Pintado no seu segundo viaxe a Italia, o artista estaba na cume da súa fama e da súa técnica.
 
Inspirouse no [[retrato de Xulio II]] que [[Rafael]] pintou cara ao ano [[1511]], e na interpretación que de estedeste fixo [[Tiziano]] no retrato do papa [[Paulo III, papa|Paulo III]], ambos moi célebres e reproducidos. Velázquez rendeu homenaxe ao seu admirado mestre veneciano neste cadro máis que en ningún outro, aínda que se trata dunha creación independente: a figura erguida na cadeira ten moita forza.
 
Con pinceladas soltas varias tonalidades de vermellos combínanse, dende o máis afastado ao más próximo, ao fondo el vermello escuro da cortina, despois o máis claro da cadeira, en primeiro plano o impresionante vermello da muceta cos seus luminosos reflexos. Sobre este ambiente domina a cabeza do pontífice, de trazos fortes e mirada severa.