Desmina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Grela (conversa | contribucións)
procede da wiki española
 
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 1:
A '''desmina''' é unha das [[proteína]]s de tipo III dos [[filamentos intermedios]] do [[citoesqueleto]] intracelular en particular de [[célula muscular|células musculares]], tanto estriadas como lisas. Áchase preto da [[liña Z]] dos [[sarcómero]]s das miofibrillas musculares, funcionando como un soporte estrutural. Tamén participan nalgunhas unións intercelulares ([[desmosoma]]s) principalmente nas células musculares cardíacas. Foi purificada por primeira vez en 1977, o [[xene]] foi caracterizado en 1989, e o primeiro [[rato]] knockout foi creado en 1996. A desmina só se expresa en [[vertebrado]]s, inda que se atoparon proteínas homólogas noutros organismos.
 
== Estrutura ==
 
É unha proteína de 52kD que ten tres [[dominio]]s principais: un dominio central en [[hélice ?]] que é constante, un dominio variable non-helicoidal na cabeza, e unha cola no extremo [[C-terminal]]. A desmina, como todas as proteínas dos [[filamentos intermedios]], perden a súa polaridade cando se ensamblan (os seus dous extremos son iguais). O dominio central consiste en 308 [[aminoácido]]s con dous hélices ? paralelas envolvidas entre si formando un [[dímero]] e tres unións que o interrompen. O dominio da cabeza consiste en 84 [[aminoácido]]s con algunhas [[arxinina]]s, [[serina]]s e resíduos aromáticos e é importante naensamblaxe de filamentos e nas interaccións dímero-dímero. O dominio da cola é o responsable da integración dos filamentos e da interacción con outras proteínas e [[organela]]s.