Fernando R. Tato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
Estudou [[Filoloxía Galega]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Impartiu docencia nas Escola Universitaria de Formación de Profesorado de [[EXB]] na cidade de [[Lugo]], na [[Universidade da Coruña]] e na Facultade de Filoloxía de Compostela. Foi membro do [[Instituto da Lingua Galega]].
 
Colaborou na elaboración de dicionarios de léxico común, linguaxe administrativa e antropónimos. Publicou artigos relacionados coa [[lexicografía]], [[onomástica]], [[edición]] e gramática histórica. Na súa faceta de editor, ocupouse, conxuntamente con [[Ana Boullón]], da edición de ''Teatro de Máscaras'' de [[Ramón Otero Pedrayo]] (1989) e, de maneiraen individualsolitario, do ''Libro de Notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos'' ([[1457]]), distinguido co [[premio Lois Peña Novo]] de 1999.
 
Foi tradutor literario, na combinación inglés-galego<ref>[http://bibliotraducion.uvigo.es/autores_ver.php?autor=569 Fernando R. Tato] na [[Biblioteca da Tradución Galega]].</ref>; por exemplo, súa foi a primeira tradución ao galego do ''[[Frankenstein ou o moderno Prometeo|Frankenstein]]'' de [[Mary Shelley]].