Fernando R. Tato: Diferenzas entre revisións

filólogo e tradutor galego
Contido eliminado Contido engadido
creo a partir de fontes na rede
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de setembro de 2020 ás 15:17

Fernando Rafael Tato Plaza, nado en 1962 en Santiago de Compostela e finado en 2000, foi un filólogo e tradutor galego.

Traxectoria

Estudou [Filoloxía Galega]] na USC. Impartiu docencia nas Escola Universitaria de Formación de Profesorado de EXB na cidade de Lugo, na Universidade da Coruña e na Facultade de Filoloxía de Compostela. Foi membro do Instituto da Lingua Galega.

Colaborou na elaboración de dicionarios de léxico común, linguaxe administrativa e antropónimos. Publicou artigos relacionados coa lexicografía, onomástica, edición e gramática histórica.

Foi tradutor literario, na combinación inglés-galego; por exemplo, súa foi a primeira tradución ao galego do Frankenstein de Mary Shelley[1].

Na súa faceta de editor, ocupouse da edición de Teatro de Máscaras de Ramón Otero Pedrayo (1989) e do Libro de Notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457), distinguido co premio Lois Peña Novo de 1999.

Foi membro fundador da Asociación de Traductores Galegos e da [[Asociación Galega de Onomástica].

Obra


Véxase tamén

Ligazóns externas

  1. Ficha en BiTraGa.
  2. Posiblemente traducido dende unha lingua ponte e non dende orixinal en alemán.