Diferenzas entre revisións de «Pobo tairona»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
O primeiro contacto cos conquistadores españois deuse en [[1498]] coa chegada de Fernando González de Oviedo, con quen os caciques da zona estableceron relacións comerciais. En 1525, coa fundación da cidade de Santa Marta por [[Rodrigo de Bastidas]], os españois tentaron establecer unha presenza máis forte na zona, dando inicio á empresa [[Colonización española de América|colonial]] española nesta parte do continente suramericano. Entre 1525 e [[1599]], as relacións entre os [[Indíxena|pobos indíxenas]] da zona (que incluían ademais dos tairona ós guanebucán, os malibús, os guajiros, os kosina, e os chimila entre outros) e os colonos españois caracterizáronse pola súa inestabilidade: intensos períodos de conflito e guerra nos que se tentaba dominar ós habitantes eran seguidos por anos de calma tensa nas que os españois se vían forzados a establecer relacións pacíficas coas distintas comunidades.
 
Durante este tempo, os tairona queimaron Santa Marta varias veces, conquistaron o forte español de Bon hida, estableceron relacións comerciais con [[Piratería|piratas]] [[Inglaterra|ingleses]] e [[Francia|franceses]], e en xeral, conseguiron limitar o crecemento da colonia española. Entre 1599 e [[1600]], o [[gobernador]] de Santa Marta, Juan Guiral Velón, emprendeu unha intensa campaña militar para subxugar estas poboacións. Un intento errado de alianza entre os distintos poboados deu pé para que o gobernador puidese capturar ós caciques un por un, cortándolles a cabeza e descortizándoos. Os poboadores que non lograron escapar foron levados ós arredores de Santa Marta e entregados a encomendeiros. Os sobrevivientessobreviventes internáronse nas partes máis altas do macizo para escapar dos españois, e os seus descendentes son os [[Pobo kogui|koguis]], que permaneceron illados até agora.
 
Estímase que na actualidade os seus descendentes "puros" suman 50.000 persoas, mentres que os mestizos e zambos con sangue tairona suman varios millóns de persoas, principalmente na costa caribeña de Colombia (1,5 a 2 millóns na Serra Nevada).<ref>[http://content.undp.org/go/newsroom/2006/september/indgenas-de-la-sierra-nevada-a-washington-para-transmitir-mensaje-sobre-conservacin-del-ecosistema-y-convocar-apoyo-internacional.es;jsessionid=axbWzt...?categoryID=412175&lang=es Indígenas de Colombia transmiten mensaje sobre conservación del ecosistema]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref>
16.098

edicións