Diferenzas entre revisións de «Jacqueline Kennedy Onassis»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Despois de case unha década de evitar participar en eventos políticos, asistiu á Convención Nacional Demócrata de 1976 e asombrou os delegados reunidos cando apareceu na galería de visitantes. Renunciou a Viking Press en 1977 despois da falsa acusación por parte do diario ''[[The New York Times]]'' de que ela era responsable da publicación da novela de [[Jeffrey Archer]], ''Shall We Tell the President'', a cal se ambienta nunha futura presidencia ficticia de [[Ted Kennedy]] e describe un plan de asasinato na súa contra. Dous anos máis tarde, apareceu xunto á súa sogra [[Rose Kennedy]] en Faneuil Hall en Boston cando Ted Kennedy anunciou que ía desafiar o actual Presidente [[Jimmy Carter]] para o nomeamento demócrata á presidencia. Ela participou na seguinte campaña presidencial, que foi infrutuosa.
 
Trala súa renuncia a Viking Press, Jacqueline foi contratada por Doubleday, onde traballou como editora asociada cun vello amigo, John Turner Sargent. Entre os libros que editou para a editorial están ''The Cartoon History of the Universe'' de [[Larry Gonick]], a tradución ao inglés dos tres volumes de ''Triloxía do Cairo'' de [[Naguib Mahfús]] (con Martha Levin), e as autobiografías da bailarina [[Gelsey Kirkland]], a cantautora [[Carly Simon]], e a icona da moda [[Diana Vreeland]]. Tamén alentou a [[Dorothy West]], a súa veciña en Martha's Vineyard e último membro sobrevivientesobrevivente do [[Rexurdimento de Harlem]], a completar a novela ''The Wedding'' (1995), unha historia multixeracional sobre raza, clase, riqueza e poder nos Estados Unidos.
 
Ademais do seu traballo como editora, Kennedy participou na preservación cultural e arquitectónica. Na década de 1970, dirixiu unha campaña de preservación histórica para salvar da demolición e renovar a estación [[Grand Central Terminal]] en Nova York. Unha placa dentro da terminal recoñece o seu papel prominente na súa preservación. Na década de 1980, foi unha figura importante nas protestas contra un rañaceos planificado en [[Columbus Circle]] que arroxaría grandes sombras sobre [[Central Park]]; o proxecto foi cancelado.
16.098

edicións