Diferenzas entre revisións de «Alfonsina Storni»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
(Recuperando 6 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
En 1901 a familia trasladouse novamente, esta vez ao barrio de Echesortu, na cidade de [[Rosario, Arxentina|Rosario]], por motivos descoñecidos. Levaron consigo algúns aforros, cos que Paulina abriu unha pequena escola domiciliaria, e pasou a ser a cabeza dunha familia numerosa e pobre. Os alumnos abonaban 1,50 pesos, e chegaron a ser cincuenta, mais a ganancia de setenta e cinco pesos mensuais non permitía unha vida cómoda.{{harvnp|Delgado|2006|p=13}}
 
Instalaron o Almacén Café SuizoSuízo na rúa Mendoza 3699, esquina Constitución, preto da [[Estación Rosario Norte]]; mais o proxecto non prosperou. Alfonsina deixou de asistir á escola e comezou a traballar lavando pratos e atendendo as mesas con dez anos. As demais mulleres comezaron a traballar de costureiras. O fracaso puido estar provocado polo [[alcoholismo]] do pai, quen sentaba nunha mesa a beber até que a súa esposa, xunto cun dos seus fillos, o arrastraban até a súa cama. Tras pechar o negocio mudáronse de casa. A súa irmá María casou, mais quedou viúva axiña. Nesa época Alfonsina comezou a escribir poesías. Tiña un mal recordo daquel momento:
{{cita|Aos doce anos escribo o meu primeiro verso. É noite; meus familiares ausentes. Falo nel de cemiterios, da miña morte. Prégoo coidadosamente e déixoo debaixo do velador, para que miña nai o lea antes de deitarse. O resultado é esencialmente doloroso; á mañá seguinte, tras unha contestación miña agresiva, uns coscorróns frenéticos pretenden ensinarme que a vida é doce. Desde entón, os petos dos meus mandís, os corpiños das miñas enaguas, están cheos de papeluchos emborronchados que se me van morrendo como faragullas de pan.{{harvnp|Delgado|2006|p=14}}}}
 
16.098

edicións