Psicrómetro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
 
Liña 3:
Un '''psicrómetro''' é un aparello utilizado en [[meteoroloxía]] para medir a [[humidade]] ou contido de vapor de auga no aire, distinto aos [[higrómetro]]s correntes. Os psicrómetros constan dun [[termómetro de bulbo húmido]] e un [[termómetro]] de bulbo seco. A humidade pode medirse a partir da diferenza de [[temperatura]] entre ambos aparatos. O húmido medirá unha temperatura inferior producida pola evaporación de auga. É importante para o seu correcto funcionamento que o psicrómetro se instale illado de ventos fortes e da luz solar directa.
 
[[Ficheiro:Psicrometro.png|direitadereita|frame|Psicrómetro.]]
 
O termómetro de bulbo húmido ten o bulbo cuberto por unha malla porosa (xeralmente de algodón), que fica mergullada nun recipiente contendo [[auga destilada]]. Esta malla fica constantemente húmida debido ao efecto de [[capilaridade]]. A [[evaporación]] da auga contida na malla envolvente retira [[calor]] do bulbo, facendo que o termómetro de bulbo húmido indique unha [[temperatura]] máis baixa do que a doutro termómetro, que indica a temperatura ambiente. Esa evaporación, e consecuentemente a redución na temperatura de bulbo húmido, é tanto maior canto máis seco está o [[ar atmosférico]] e é nula cando a atmosfera está saturada de vapor de auga.