Diferenzas entre revisións de «Celestino I, papa»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
'''San Celestino I''' naceu e morreu en [[Roma]] e foi papa entre o [[422]] e o [[432]]. Pénsase que era familiar do emperador [[Valentiniano I]]. Combateu os [[Pelaxio|pelaxianistas]] e [[nestorianismo|nestorianos]].
== Vida ==
San '''Celestino I''' foi nado en [[Campania]] ([[Italia]]) sobre o derradeiro cuarto de século IV. Segundo os biógrafos, Celestino viña dunha familia nobre e emparentada con reis; parte dos estudos sinalan o emperador [[Valentiniano]] coma familiar máis proximo a través de seu pai, Prisco (ou Priscus). De súa nai non aparece documentado nada, mais é de supoñer que Celestino foi nobre e romano coma seu pai, só que nalgún punto da súa vida este aspecto deu a volta con singularidade. Suponse que estivo retirado no deserto e que anos despois foi ordenado crego, chegando incluso a ser bispo en Siria. Mais nada hai documentado que impulse a crer que este estilo de vida fose certo; tan só algunhas fontes exteriores de procedencia dubidosa. É posible que estudara teoloxía e relixión e a primeira referencia xa documentada deste home consta do ano [[416]] na que detentaexerce o cargo de diácono e arquidiácono da igrexa romana (posiblemente no pontificado de papa [[Inocencio I, Papa|Inocencio I]]).
 
Outros cronistas da época reflicten que Celestino viviu un tempo en Milán, tendo como mestre a santo Ambrosio. Mais no ano [[418]], santo Agostiño menciónao nun escrito e, escasamente no longo do ano presentase como un dos candidatos para suceder ao papa san [[Bonifacio I, Papa|Bonifacio I]]. O [[10 de setembro]] de [[422]], Celestino I sobe ao solio pontificio; esta data é precisada polo cronista Sebastán Lenain de Tillemont, se ben outros autores indican a posibilidade de que Celestino subira ó trono o 3 de novembro. Aínda que se vivía en tempos revoltos para Roma, Celestino non tivo opoñentes coñecidos; o mesmo santo Agostiño faillo saber ao novo papa a través dunha escrita, a célebre epístola CCLXI (Epist. 261). Todo iso sen contar a solicitude de asistencia para arranxa-las dificultades con Antonio (por aquelas detentaba o cargo de bispo de Fessula en [[África]]). Esta carta, e outras escritas por santo Agostiño fixeron un lazo forte entre este e Celestino I, ate que Agostiño fina no ano [[430]].
33.076

edicións