Elliott Smith: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
básico de en.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de setembro de 2020 ás 10:20

Modelo:Artista musical

Steven Paul "Elliott" Smith (6 de agosto de 1969 - 21 de outubro de 2003) foi un cantante, compositor e multiinstrumentista estadounidense. Smith naceu en Omaha, Nebrasca, medrou principalmente en Texas, e pasou gran parte da súa vida en Portland, Oregón, onde comezou a conseguir popularidade. O seu instrumento principal foi a guitarra, aínda que tamén tocaba o piano, o clarinete, o baixo, a batería e a harmónica. Smith tiña un estilo vocal peculiar, caracterizado pola súa "entrega susurrante",[1] e adoitaba a usar gravacións multipista para crear capas, texturas e harmonías de voces.

Despois de tocar na banda de rock Heatmiser durante varios anos, Smith comezou a súa carreira en solitario en 1994, publicando traballos a través dos selos independentes Cavity Search e Kill Rock Stars. No ano 1997 fichou por DreamWorks Records e publicou dous álbums coa discográfica.[2] A música de Smith chegou ao gran público cando a súa canción "Miss Misery", incluída na banda sonora da película Good Will Hunting (1997), foi nomeada ao Óscar á Mellor canción orixinal en 1998.[3]

Smith bebía e usaba drogas e diagnosticáronlle trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e trastorno depresivo maior. Os seus problemas coas drogas e a súa saúde mental afectaron á súa vida e ao seu traballo, e adoitaban a aparecer nas súas letras. En 2003, con 34 anos, morreu nos Ánxeles, California, por dúas puñaladas no peito.[4] A autopsia non puido determinar se as feridas foran autoinflixidas ou se se trataba dun homicidio.[5] No momento da súa morte Smith estaba traballando no seu sexto álbum de estudio, From a Basement on the Hill, que foi póstumamente rematado e publicado no 2004.

Discografía

Álbums

Álbum Ano Selo
Roman Candle 1994 Cavity Search
Elliott Smith 1995 Kill Rock Stars
Either/Or 1997 Kill Rock Stars
XO 1998 DreamWorks Records
Figure 8 2000 DreamWorks Records
From a Basement on the Hill 2004 ANTI-, Domino completado e rematado tras a súa morte

Notas

  1. "Elliott Smith - Elliott Smith | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-09-28. 
  2. "Elliott Smith: Figure 8". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-09-28. 
  3. "Today's Candy: Elliott Smith 'Miss Misery'". www.wearetheguard.com. 2012-09-06. Consultado o 2020-09-28. 
  4. "Rocker's Autopsy Doesn't Rule Out Homicide". The Smoking Gun (en inglés). 2010-07-12. Consultado o 2020-09-28. 
  5. Dansby, Andrew; Dansby, Andrew (2003-12-31). "Smith Autopsy Inconclusive". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-09-28.