Igrexa de Hemse: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 31:
A presente igrexa de pedra de Hemse data principalmente do [[século XIII]].<ref name="Gotlands kyrkor">{{cita libro|apelidos=Lagerlöf|nome=Erland|título=Gotlands kyrkor|ano=1973|editor=Rabén & Sjögren|localización=Uddevalla|isbn=9129410355|páxinas=180-182}}</ref> Porén, ao redor dun século antes había unha ''[[stavkirke]]'' no mesmo lugar.<ref name="Gotlands kyrkor" /> A sorprendentemente ben conservada igrexa de madeira foi atopada por casualidade baixo o chan da igrexa de pedra durante unha restauración en [[1896]], onde algunhas táboas de carballo serviran como anterior chan.<ref name="Gotlands kyrkor" /><ref name="Guteinfo">{{cita web |título=Hemse kyrka |url=http://www.guteinfo.com/?id=199 |editor=Guteinfo |dataacceso=25 de xuño de 2018}}</ref> A ''stavkirke'' é a mellor conservada atopada en [[Suecia]].<ref name="Gotlands kyrkor" /><ref name="Guteinfo" /> A igrexa de madeira probablemente construíuse na segunda metade do século XI ou cara o ano 1100, e atópase no presente no Museo Histórico de Estocolmo.
 
A igrexa de madeira foi probablemente substituída polo presente edificio románico ao facerse demasiado pequeno para a congregación. O coro e a súa ábsida construíronse primeiro a finais do século XII. É probable que os cimientos da nave se colocasen durante a construción desa primeira etapa, pero non se rematou ata principios do século XIII. NalgúnPosteriormente, momentoa posteriormediados de século, engadíuse a torre.<ref name="Gotlands kyrkor" /> A sancristía, na cara norte do coro, é de [[1896]].
 
A igrexa ten tres portais, un na fachada sur do coro e os outros dous nos lados sur norte da torre. O portal sur da torre é a entrada principal e trátase do máis elaborado. Engadíuse durante unha modernización da igrexa ao redor do ano 1300, cando o portal sur da nave, no seu momento a entrada principal do edificio, transladouse ao norte da torre.
 
Durante a restauración anteriormente citada a igrexa foi bastante modificada interiormente dun xeito moi pouco sensible. Posteriormente levouse a cabo outra restauración entre [[1962]] e [[1963]] e recuperáronse os frescos medievais.<ref name="Gotlands kyrkor" />