Denominación de Orixe Rías Baixas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Inclusión da ligación áuva espadeiro
Sen resumo de edición
Liña 29:
 
Os viñedos ocupan unha superficie de preto de 4.027 [[hectárea]]s, que pertencen a 179 adegas. Esta denominación é a maior produtora galega, xa que 55 das súas adegas producen máis de 25.000 litros e unhas vinte superan os 75.000. A produción total supera os 19 millóns de litros.<ref name="OVNT">"Os viños da nosa terra", separata de ''[[Faro de Vigo]]'', 12/7/2015.</ref>
 
== Xeografía ==
A Denominación de Orixe está dividida en 5 sub-zonas. Estas son, de norte a sur:
 
=== Ribeira do Ulla ===
Esta é a sub-zona máis recente, incorporada no 2000. Inclúe concellos tanto da [[provincia de Pontevedra]] como da [[Provincia da Coruña|da Coruña]].
 
=== Val do Salnés ===
O ''Val do Salnés'' está localizado na [[O Salnés|comarca homónima]].
 
=== Soutomaior ===
Cubre o territorio do mesmo nome, é a única sub-zona da [[Ría de Vigo]].
 
=== O Rosal ===
Cubre a maioría da [[comarca do Baixo Miño]], así coma parte de [[Gondomar]].
 
=== Condado do Tea ===
Cubre parte das comarcas [[O Condado|do Condado]], o sur [[Comarca da Paradanta|da Paradanta]], parto do concello de [[Tui]] e parte de [[Mos]].
 
== Galería de imaxes ==