Castelo (fortificación): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== Véxase tamén == +==Véxase tamén==)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 8:
==Elementos dun castelo==
[[Image:Prunn02.jpg|thumb|240ppx|Patio e torre do castelo de [[Prunn]], [[Baviera]]]]
=== A muralla ===
O castelo compúñase dun patio central, onde se recollían os refuxiados da vila, e era rodeado polas casas da guarnición, encostadas ás murallas, de onde recebían luz a través de aberturas estreitas , as ''seteiras'' ou ''troneiras''. Na parte superior da muralla corría o ''adarve'' ou ''camiño da rolda'', isto é, un camiño que a percorre na parte superior defendido por un muro con ameas, cuxa largura variaba entre 1 a 4 metros. O castelo, en principio, tiña só dúas portas: unha para a poboación (porta da vila); a outra, para o terreo exterior. A poboación da vila concorría para a defensa das murallas, en caso de ataque, e a guarnición prestaba servizo permanente. Cando en tempos máis modernos a poboación creceu para fóra das murallas pasou a chamarse castelo toda a cerca da antiga vila.
=== A torre da homenaxe ===
É a torre principal, a que serve de residencia do señor e cumpre coas funciones máis destacadas do castelo, albergando as estancias principais e, ás veces, os almacéns de víveres. Está situada na posición máis abrigada en relación cun posíbele ataque exterior, de forma que se se pasasen o resto das defensas, esta torre proporcionase un último refuxio.
 
Véxase o artigo sobre a [[torre da homenaxe]].
 
=== O patio de armas ===
 
Constitúe un espazo central que nalgúns casos recorda os [[claustro]]s monásticos. Ao redor do patio distribúense determinadas estancias, como a capela (cando a hai), a sala de recepcións, as naves para acuartelamento da tropa, etc. A entrada ao castelo prodúcese a través do patio de armas; desde este accedese ao resto das dependencias.