Grândola, Vila Morena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m temas musicais, entras comiñas ou aspas. Álbums en /csv/
Liña 1:
[[Ficheiro:Grândola Vila Morena.jpg|miniatura|Mural conmemorativo en Grândola.]]
 
'''''«Grândola, Vila Morena''»''' é unha canción composta e cantada por [[Zeca Afonso]], escollida polo [[Movimento das Forças Armadas]] (MFA) para ser o segundo sinal para o comezo da [[Revolución dos caraveis]]. Zeca Afonso compuxo esta canción en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. A canción refírese á fraternidade entre as persoas de [[Grândola]], no [[Alentexo]], e sería censurada polo réxime Salazarista por ser unha canción asociada ao [[comunismo]]. Ás 00:20 do día [[25 de abril]] de [[1974]] a canción foi transmitida na [[Rádio Renascença]], a emisora católica portuguesa, como sinal para confirmar as operacións da [[revolución]]. Por ese motivo quedou sempre asociada a ela, así como ó comezo da [[democracia]] en [[Portugal]].
== Historia ==
A canción foi incluída no álbum ''Cantigas do Maio'', editado en decembro de [[1971]], disco que conta cos arranxos e dirección musical de José Mário Branco. "Grândola, Vila Morena" é a quinta canción do álbum, gravado en [[Herouville]] ([[Francia]]) entre o [[11 de outubro]] e o [[4 de novembro]] de [[1971]].<ref>{{Cita web|url=http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/depois-do-adeus-grandola-vila-morena/20171011134423062203.html|data-publicación=11 de outubro de 2017|páxina-web=[[Sermos Galiza]]|título=E depois do adeus, "Grândola, vila morena"|data-acceso=}}</ref> Foi cantada por primeira vez en público o [[10 de maio]] de [[1972]] na cidade de [[Santiago de Compostela]]. O [[29 de marzo]] de [[1974]] foi cantada no peche dun espectáculo no [[Coliseu de Lisboa]], e entre a asistencia estaban militares do [[Movimento das Forças Armadas]], que escollerían a canción como un dos xestos para o arranque da [[Revolución dos caraveis]] cando se iniciou a xestación do mito. Curiosamente, para ese espectáculo a censura do réxime salazarista prohibira a interpretación de varias cancións do Zeca, entre as cales "Venham Mais Cinco", "Menina dos Olhos Tristes", "A Morte Saiu à Rua" e "Gastão Era Perfeito".