Diferenzas entre revisións de «Batalla de Medina de Rioseco»

m
Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
m (Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras)
[[Napoleón I|Napoleón]] empeñou entón máis tropas e formulou unha nova estratexia. En xullo ordenou a [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] que renovase a ofensiva sobre o Leste. Fronte os franceses opúñase o xeneral [[Joaquín Blake|Joaquín Blake y Joyes]], que comparte mando nun difícil dumvirato con o xeneral [[Gregorio Garcia de la Cuesta|Cuesta]], axuntando un exército heteroxéneo de recrutas, milicianos e máis soldados regulares que procedían de cuarteis illados. Ambos dous xenerais españois comandan unha forza de arredor de 24.000 homes. Esta forza tomou posicións sobre unha suave altura cercana á cidade de [[Medina de Rio Seco]].
 
== Desenvolvemento da batalla ==
O 14 de xuño unidades das dúas divisións do exército de [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] efectúan o asalto da crista. A maioría dos españois combaten con vontade indomábel, inflixindo aos franceses unhas perdas calculadas en máis de 1.000 homes, mais o fráxil exército de Blake foi finalmente quebrado polos asaltos determinantes do seus inimigos, sendo posto en fuga cara o Oeste. Se ha que facer algún reproche sobre esta derrota española, debe recaír sobre Cuesta, que por razóns nada claras, refusou despregar os seus 6.500 homes.
 
== Consecuencias da batalla ==
Como secuela da acción de Medina de Rio Seco, [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] tomou doadamente [[León]] e [[Zamora]]. Os franceses efectuaron salvaxes represalias con os prisoeiros e contra as poboacións das localidades veciñas, que ironicamente foran das poucas que non se uniran ao levantamento popular xeral.
 
Versión da voz correspondente da Wikipedia en francés (que procede a súa vez da inglesa).
 
== Notas e referencias ==
<references />
 
67.216

edicións