Bardaos, San Sadurniño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m embalse_encoro
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 2:
'''Santa María de Bardaos''' é unha parroquia que se localiza no norte do concello de [[San Sadurniño]], lindando ó leste co Concello de [[Moeche]] e ó oeste co Concello de [[Valdoviño]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 277 habitantes (149 homes e 128 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]], cando contaba con 274 habitantes.
 
== A parroquia ==
 
Na actualidade, a parroquia conta cunha poboación de 282 habitantes, ainda que os fins de semana pode ascender ata os 320 e en épocas de vacacións pode alcanzar facilmente os 350 habitantes. Esta poboación atopase distribuida en 14 núcleos poboacionais: Randulfe, Casanova, Gudín (en realidade este lugar pertence á parroquia de Lamas, pero debido á súa situación xeográfica desenvolven os seus labores nesta parroquia), Veiga, Castro, A Fraga, Sanguiñeira, Bañoca, Loibas, Pardiñeira, Leboriz e Carbeiral, Meixeiroa e por último A Corveira.
Liña 10:
A parroquia de Santa María de Bardaos está regada polo [[Río Forcadas]], que desemboca no encoro do mesmo nome, ó seu paso pola nosa parroquia, o Forcadas alimentase de pequenos regatos como o do Porcallo duns tres kms e que nace na Fonte do Coto. Outro afluente é o da Tilleira, de lonxitude semellante ó anterior e que ve a luz no concello de [[Moeche]]. Preto da desembocadura deste último faino tamén o Rego do Cedo, este nado na Meixeiroa, cunha lonxitude de pouco máis de 1 Km., a escasos cincocentos metros, sumase ó Forcadas o cano da Tillería, este con apenas catrocentos metros ten a sua cuna na Fonte dos Cunqueiros. Logo ven o canigote do Balogueiro, con orixe na Pallota e de lonxitude moi parecida ós dous primeiros, antes de incorporarse ó Forcadas, este canigote vese reforzado polo caudal do Cano dos Xacobes de apenas un Km de lonxitude. O penúltimo en sumarse ó Forcadas é o rio da Veiga, sen dubida o máis longo e caudaloso de todos eles, a súa orixe hai que buscala nas terras do Camiño Arriba. Por último está o Cano Grande das Fontes cunha lonxitude que ronda os tres Kms.
 
==== Fontes ====
Bardaos está pragado de zona verde, por se non fora de abondo con todolos rios que se dan cita nesta parroquia, cómpre engadir o número de Fontes que emanan auga durante todo o ano. Comenzando polo norte, atopamonos coa [[Fonte do Coto]], como xa dixemos esta dá lugar ó afluente do Porcallo. Esta fonte conserva un antigo lavadoiro público no que as mulleres ían lavar a roupa, e que presenta un estado excelente. A escasos cincocentos metros desta, encontramos a [[Fonte da Rica]], da que se acostumaba usar a súa auga para facer os Corgos, que eran os lugares onde se colocaba o liño para abrandalo. Logo, temos a dos [[Fonte das Carballas|Carballas]], que posúe unha auga moi apreciada para o consumo humano. Andamos outos trescentos metros e damos coa [[Fonte da Abeleira]], que ó igual que a anterior, as suas augas gozaban de moi boa sona. Xa na Bañoca, topamonos con duas fontes, a dos de Casanova e a das Lagas. No Castro contamos coa Fonte do Pereiro, a auga desta fonte xamais contou coa aprobación popular, pois sempre tivo sona de ser catarreira. Por último nomearemos a [[Fonte da Escrita]], sita na ladeira do coto da Escrita, ainda que no termo de Bardaos. Ademais do lavadoiro da Fonte do Coto contamos co da Casanova, este de carácter privado, e varias pedras de fregar como son a do Cubo do Muiño de Riba, a do Cano do Caneiro, a da Ponte e a do Balogueiro.
 
Liña 23:
Os accidentes xeográficos máis salientábeis son os cotos da Croa, da Tillería e o Coto-agudo. O primeiro erguese na zona centro da parroquia cunha altura que apenas excede os douscentos metros, pero evidentemente o que fai chamativo este coto non é a súa altura, o interesante deste coto e que nel podemos encontrar restos dun antigo [[castro]] celta. Hai xa anos fixéranse unhas escavacións no castro e nel atoparanse distintas pezas de bronce e incluso ouro, ademais dunha infinidade de pezas de cerámica. Como se dun xemelgo se tratara, á carón da Croa erguese o coto da Tillería, ainda que este non presume de ningún tipo xacemento. O Coto-agudo é o teito de Bardaos, erguese uns 374 mts por encima do nivel do mar, na súa cima confluen tres concellos: [[San Sadurniño]], [[Valdoviño]] e [[Moeche]]. As suas vistas son inmellorables, non en van a consellaría de medio ambiente escolleu este coto para instalar nel unha torre de vixiancia de incendios forestais, outro dos atractivos deste coto hai que buscalo na caprichosa construción natural que forman unha serie de rochas a modo de gruta e que os ancians chaman A Cova do Coto.
 
=== Fonte de ingresos ===
A principal fonte de ingresos desta parroquia hai que buscala nas pequenas explotacións gandeiras así como no sector forestal. Un dos reclamos turísticos de Bardaos hai que buscalo na pesca e na caza. Sen dúbida, a troita do Forcadas e especies como o xabarín e o corzo fan que a esta pequena parroquia se achegue xente dos máis diversos lugares.