Axencia Mundial Antidopaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 1:
A '''Axencia Mundial Antidopaxe''' (AMA, e WADA nas súas siglas inglesas) é unha [[organización non gobernamental]] independente que financia, educa e sensibiliza na loita contra a [[dopaxe]]. Foi creada o [[10 de novembro]] de [[1999]] en [[Lausanne]] ([[Suíza]]) como consecuencia dunha iniciativa colectiva liderada polo [[Comité Olímpico Internacional]]. A súa sede actual áchase en [[Montreal]] ([[Canadá]]).
 
=== Presidentes ===
*[[Richard W. Pound]] ([[Canadá]]), dende [[1999]].
 
== Historia ==
Como consecuencia do [[caso Festina]], o primeiro grande escándalo que sacudía o mundo do ciclismo coa revelación dunha dopaxe a grande escala, o [[Comité Olímpico Internacional]] decidiu convocar unha xuntanza de todos os estamentos deportivo para pórlle fin ao mal da dopaxe. Esta conferencia internacional desenvolveuse en [[Lausanne]] entre o [[2 de febreiro|2]] e o [[4 de febreiro]] de [[1999]] e tivo como consecuencia escrita a ''Declaración de Lausanne sobre a dopaxe no deporte''. Esta declaración tivo efecto con carácter inmediato e deu lugar á creación dunha axencia internacional contra a dopaxe que debía estar operativa para os [[Xogos Olímpicos de 2000|Xogos Olímpicos de Sydney 2000]].