Albino Mallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
referencia
Liña 7:
 
== Traxectoria ==
O pai era un emigrante retornado<ref>{{Cita web|título=Derby, el café de las tertulias y la música, en Urzaiz|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2006/10/04/derby-cafe-tertulias-musica-urzaiz/0003_5165158.htm|páxina-web=La Voz de Galicia|data=2006-10-04|data-acceso=2020-09-18|lingua=es}}</ref> da Arxentina que abrira o (hoxe desaparecido) café Derby, de [[Vigo]], local que durante boa parte do século XX foi lugar de parladoiros culturais na cidade. Mallo licenciouse en [[Dereito]] na [[Universidade de Santiago de Compostela|Universidade de Santiago]] e marchou a [[Madrid]] traballar de pasante no despacho que tiñan [[Victoriano Fernández Asís]] e [[Cipriano Torre Enciso]], mentres que estudaba un mestrado. Mallo simultaneou a súa formación coa escrita xornalística tanto en Santiago, en [[La Noche]]<ref>{{Cita web|título=Albino Mallo, aquel pionero de 'La Noche'|url=https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/albino-mallo-pionero-la-noche-COCG1043133|páxina-web=www.elcorreogallego.es|data-acceso=2020-09-18|lingua=es-ES}}</ref>, como en Madrid, en [[Pueblo]], neste caso grazas á mediación dos seus xefes avogados, que tamén escribían nel<ref name=":0">{{Cita web|url=https://www.farodevigo.es/sociedad/2020/09/17/muere-periodista-vigues-albino-mallo/2341546.html|páxina-web=Faro de Vigo|data-acceso=2020-09-18|título=Muere el periodista vigués Albino Mallo a los 91 años}}</ref>.
 
Voltou a Vigo en [[1956]], onde colexiou de avogado e empezou a exercer. Nesa época colaboraba na radio con [[La Voz de Vigo]] onde facía un programa de cultura canda a que logo sería a súa dona, [[Pilar Martínez Ledo]]. Proseguiu profesionalmente como xornalista, e non como avogado, e foi redactor en La Voz de León e despois director de ''La Voz de Extremadura'' e de ''La Voz de Guipúzcoa''<ref name=":0" />.