Albino Mallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Amplío un pouco
referencias
Liña 7:
 
== Traxectoria ==
O pai era o dono do desaparecido café Derby, de [[Vigo]], licenciouse en [[Dereito]] na [[Universidade de Santiago de Compostela|Universidade de Santiago]] e marchou a [[Madrid]] traballar de pasante no despacho que tiñan [[Victoriano Fernández Asís]] e [[Cipriano Torre Enciso]], mentres que estudaba un mestrado. Mallo simultaneou a súa formación coa escrita xornalística tanto en Santiago, en [[La Noche]], como en Madrid, en [[Pueblo]], neste caso grazas á mediación dos seus xefes avogados, que tamén escribían nel<ref name=":0">{{Cita web|url=https://www.farodevigo.es/sociedad/2020/09/17/muere-periodista-vigues-albino-mallo/2341546.html|páxina-web=Faro de Vigo|data-acceso=2020-09-18|título=Muere el periodista vigués Albino Mallo a los 91 años}}</ref>.
 
Voltou a Vigo en [[1956]], onde colexiou de avogado e empezou a exercer. Nesa época colaboraba na radio con [[La Voz de Vigo]] onde facía un programa de cultura canda a que logo sería a súa dona, [[Pilar Martínez Ledo]]. Proseguiu profesionalmente como xornalista, e non como avogado, e foi redactor en La Voz de León e despois director de ''La Voz de Extremadura'' e de ''La Voz de Guipúzcoa''<ref name=":0" />.
 
Licenciouse na Universidade de Navarra en Ciencias da Información, e incorporouse á prensa escrita, na redacción do diario ''Unidad'', e redactor xefe de ''La Voz de España'', ambas as dúas cabeceiras en [[Donostia]]. En 1979 ingresou na Axencia Efe, onde foi destinado primeiro como subdelegado a [[Bruxelas]], e logo como delegado (correspondente xefe) en [[Montevideo]] e [[Santiago de Chile]]. Neses primeiros anos oitenta cubriu as ditaduras sudamericanas e a Guerra das Malvinas. A mediados dos anos oitenta foi nomeado delegado de EFE en Galicia e mudouse a vivir a [[Santiago de Compostela]]<ref name=":0" />. Rematou a súa carreira profesional en [[1992]], dirixindo ''[[El Ideal Gallego]]'', aínda que até o final da súa vida seguiu a colaborar con distintos medios galegos con artigos de opinión, como en ''[[El Correo Gallego]]''.
 
Obtivo o ''Premio Nacional Virxe do Carme'' e o ''Premio Nacional de xornalismo turístico''.