Organización Europea para a Investigación Nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Funcionamento: detectores
Agremon (conversa | contribucións)
Liña 42:
== Funcionamento ==
[[Ficheiro:CERN-20060225-21.jpg|esquerda|miniatura|190px]]
O CERN atópase en [[Suíza]], preto de [[Xenebra, Suíza|Xenebra]], e próximo á fronteira con [[Francia]]. Conta cunha serie de [[acelerador de partículas|aceleradores de partículas]] entre os que destaca o, xa desmantelado, [[LEP]] (''Large Electron-Positron Collider'', Gran Colisor [[Electrón]]-[[Positrón]]). No seu lugar construíuse o [[LHC]] (''Large Hadron Collider'', Gran Colisor de [[Hadrón]]s), un acelerador [[protón]]-[[protón]] que opera a maior [[enerxía]] e [[luminosidade]] (prodúcense máis colisións por segundo) de 27 [[quilómetro|km]] de circunferencia e que constitúe a máquina máis grande xamais construída. Este incremento en enerxía e luminosidade permitiu descubrir o esquivo [[bosón de Higgs]], e espérase que poda axudar a confirmar ou desestimar teorías de partículas como as teorías supersimétricas ou as teorías de tecnicolor. Púxose en funcionamento o [[10 de setembro]] de [[2008]]. Ten catro detectores principais, un deles é [[ALICE]].<ref>{{Cita web|título=How to get a particle detector on a plane|url=https://www.symmetrymagazine.org/article/how-to-get-a-particle-detector-on-a-plane|páxina-web=symmetry magazine|data-acceso=2019-09-21|lingua=en|nome=Glenn Roberts|apelidos=Jr}}</ref> Os outros, [[DetectorExperimento ATLAS|ATLAS]], [[CMS]] e [[LHCb]]. O fluxo de datos producido é inmenso. Cavbe dicir ó respecto que ATLAS e CMS producen uns 50 Tbytes de datos cada segundo.<ref>{{Cita web|título=Long-lived particles get their moment|url=https://www.symmetrymagazine.org/article/long-lived-particles-get-their-moment|páxina-web=symmetry magazine|data-acceso=2020-09-17|lingua=en|nome=Sarah|apelidos=Charley}}</ref>
 
O éxito do CERN non é só a súa capacidade para producir resultados científicos de grande interese, senón tamén o desenvolvemento de novas tecnoloxías tanto informáticas como industriais. Entre os primeiros destaca en [[1990]] a invención da [[WWW]] polos científicos [[Tim Berners-Lee]] e [[Robert Cailliau]], mais débese evitar esquecer o desenvolvemento e mantemento de importantes bibliotecas matemáticas ([[CERNLIB]]) usadas durante moitos anos na maioría de centros científicos, ou tamén sistemas de almacenamento masivo (o [[LHC]] almacenará un volume de datos da orde de varios [[petabyte|PB (petabytes)]] cada ano). Entre os segundos podemos citar imáns de 9 [[Tesla (unidade)|T]] en varios [[metro]]s, detectores de grande precisión, imáns supercondutores de grande uniformidade ao longo de varios quilómetros etc.