Glaciar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Vatnajökull
Agremon (conversa | contribucións)
velocidade glaciar
Liña 1:
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
 
O '''glaciar''' (do latín ''glacies'') é unha grosa masa de [[xeo]] que se orixina na superficie terrestre por compactación e recristalización da [[neve]], mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posíbel cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se atopa en zonas próximas aos [[Polo xeográfico|polos]], aínda que existen noutras zonas montañosas, como por exemplo no territorio suízo. O proceso do crecemento e estabelecemento do glaciar chámase tamén [[glaciación]]. Consta de tres partes: cabeceira, lingua e val.
 
O xeo vai movéndose por gravidade, podendo acadar, en determinadas circunstancias, velocidades estables de máis de 1 m / día.<ref>{{Cita web|título=Copernicus Sentinel-2 monitors glacier icefall, helping climbers ascend Mount Everest - News - Sentinel Online|url=https://sentinels.copernicus.eu/web/sentinel/news/-/article/copernicus-sentinel-2-monitors-glacier-icefall-helping-climbers-ascend-mount-everest|páxina-web=sentinels.copernicus.eu|data-acceso=2020-09-17|lingua=en-US}}</ref>
 
En [[Islandia]] atópase o maior maior glaciar de Europa, o [[Vatnajökull]], con uns 8400 km<sup>2</sup> e un grosor medio do xeo duns 900 m.<ref>{{Cita web|título=Cloud-free Iceland|url=https://www.esa.int/ESA_Multimedia/Images/2020/08/Cloud-free_Iceland|páxina-web=www.esa.int|data-acceso=2020-08-30|lingua=en}}</ref>