Bértoa, Carballo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engadir ref (via JWB)
Liña 17:
 
O [[Polígono industrial de Bértoa]] ocupa un espazo de 74 hectáreas. Sobresaen neste polígono empresas en sectores como o plástico, o automobilismo, o metal e a maquinaria agrícola. A superficie dispoñible incrementarase en 1.272.489 metros cadrados, ata chegar aos 2.000.000 de metros cadrados pola demanda de terreo. Na rotonda de acceso ao polígono encóntrase O Escalo, unha escultura do artista [[Xosé Manuel Facal]], elaborada case na súa totalidade con restos de metal reciclado.
 
Sábese da existencia das seguintes [[Mámoa|mámoas]]:
 
* '''Mámoa do Couto'''.
* '''Mámoa de Queixeiro'''.
* '''Medoña do Francés.''' No monte das Restrebeiras, ten vinte e cinco metros de diámetro e metro e medio de altura. Está alterada por unha plantación de piñeiros. Ten cono de violación.
* '''Mámoa de Pedrarrubia.''' No monte das Restrebeiras.<ref>{{Cita web|título=O NOSO PATRIMONIO: MÁMOAS DE GALIZA/GALICIA (PROVINCIA DA CORUÑA)|url=http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/mamoas-e-antas-de-galiza.html|páxina-web=O NOSO PATRIMONIO|data-acceso=2020-09-17|nome=Xabier|apelidos=Moure}}</ref>
 
== Galería de imaxes ==