Piano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
File
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 42:
 
==== Século XIX: impulso pola Revolución industrial ====
En [[1808]], [[Sébastien Érard]] patentó un mecanismo de repetición sinxela e incorporou a grampa, unha peza que permitia ás cordas permanecer no seu lugar exacto despois de ser golpeadas polos mazos. Dous anos máis tarde, en [[1810]], deseñou o mecanismo de pedais do piano moderno. Na década de 1820, a fábrica de pianos de Érard en [[París]] pasou a ser o centro da innovación no referente ao mecanismo do piano. En [[1822]] introducíuintroduciu o seu mecanismo de dobre repetición, que permitía unha gran velocidade de repetición ao pulsar as teclas do piano, incluso se a tecla aínda non alcanzara a súa máxima posición vertical, e facilitaba unha rápida execución. Cando esta invención se fixo pública, na súa forma revisada por [[Henri Herz]], o mecanismo de dobre repetición converteuse paulatinamente nun elemento estándar no mecanismo dos pianos de cola e forma parte de todos os pianos de cola modernos.
 
Unha das principais innovacións técnicas que axudaron a crear o son do piano moderno é a utilización do [[ferro fundido]]. Tamén o chamado "marco", o ferro fundido que se asenta sobre a caixa de resoancia, que serve como principal baluarte contra a forza exercida pola tensión das cordas. O aumento da integridade estrutural do ferro fundido permitiu o uso de cordas máis grosas, máis tensas e máis numerosas, en lugar das cordas de [[latón]] empregadas ata entón, que eran máis brandas e non soportaban tensións tan altas. Posteriormente usáronse cordas de [[aceiro]], máis fortes que as de ferro e que permitían unha tensión aínda maior. Nun piano de cola moderno o total da tensión das cordas pode aproximarse ás 20 toneladas-forza. A peza sinxela de ferro fundido foi patentada en [[1825]] en [[Boston]] por [[Alpheus Babcock]], combinando o enganche do marco (creado en [[1821]] e reclamado por Broadwood en nome de [[Samuel Hervé]]) e a barra de resistencia (creada por Thom e Allen en [[1820]], pero tamén reclamada por Broadwood e Érard). Máis tarde a empresa Chickering & Mackays patentou o primeiro marco de ferro dos pianos de cola en [[1843]]. Os fabricantes europeos de pianos preferiron os marcos de ferro fundido ata principios do [[século XX]], data no que o sistema estadounidense foi completamente adoptado.