Fred Vargas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 24:
 
== Traxectoria ==
'''Frédérique Audoin-Rouzeau''', adoito escrito erroneamente "como Audouin-Rouzeau",<ref>[http://enviedailleurs.forumpro.fr/liens-divers-f35/famille-audoin-Rouzeau-t2851.htm Famille Audoin-Rouzeau].</ref>, é filla de [[Philippe Audoin]], escritor [[surrealismo|surrealista]] próximo a [[André Breton]].
 
[[Arqueozooloxía|Arqueozoóloga]] e [[historia]]dora de formación, escribiu en [[2003]] unha obra científica sobre a [[peste negra]], titulada ''Les Chemins de la peste, le rat, la puce et l'homme''.<ref>[http://www.parutions.com/pages/1-4-6-3568.html ''"Les chemins de la peste - Le rat, la puce et l'homme"''; ("Os camiños do andacio. A rata, a pulga e o home")]</ref>. Escolleu como [[pseudónimo]] "Vargas" en referencia á personaxe de ''Maria Vargas'', interpretado pola actriz [[Ava Gardner]] no filme ''[[A condesa descalza]]''. Tamén a súa irmá xemelga Joëlle, que é [[pintura|pintora]], usa o pseudónimo de [[Jo Vargas]]. O seu irmán é o historiador [[Stéphane Audoin-Rouzeau]], especialista na [[Primeira Guerra Mundial]] e codirector do centro de investigación da "Historia da Grande Guerra", e de quen podemos ver trazas no personaxe de Lucien Devernois.