Arteriosclerose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m vea
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 16:
A '''oclusión aguda''' prodúcese cando se suprime bruscamente a pasaxe de sangue por unha arteria. Ocasiónaa unha placa de [[ateroma]] complicada, ulcerada, da que se forma un [[trombo]] ou coágulo. Se isto suceder nunha arteria do corazón, leva a un [[infarto|infarto de miocardio]].
 
=== Aneurisma ===
Se, en vez de provocar unha oclusión, a arteriosclerose produce un debilitamento da parede arterial, a [[presión sanguínea]] acaba por dilatar a arteria, dando lugar a un [[aneurisma]]. Os aneurismas son grandes sacos de sangue que van aumentando de tamaño e poden dar lugar a diversas complicacións, nomeadamente:
;[[Trombose]]: dentro do saco aneurismático prodúcense unhas turbulencias que ocasionan a formación dun [[trombo]] nas paredes do aneurisma. Este trombo vai medrando até obturar todo o saco aneurismático.
Liña 40:
A asterioesclerose pode afectar tamén aos [[rin]]s, provocando a hipertensión vásculo-renal, ás arterias intestinais (mesentérica), provocando dores abdominais coincidindo coa [[dixestión]] ou mesmo un infarto mesentérico.
 
=== Aneurisma ===
Os aneurismas non costuman dar síntomas. Se provocan tromboses ou embolizacións, as síntomas serán de tipo isquémico (déficigt de rego arterial); se provocan a ruptura, as síntomas serán de tipo hemorráxico. O máis habitual é que se produzan na arteria aorta abdominal.
 
== Diagnóstico ==
=== Estudos non invasivos directos ===
* Doppler: emprego de [[ultrasón]]s para coñecer as alteracións do fluxo sangúíneo.
* [[Ecografía]]: os ultrasóns mostran imaxes de determinadas arterias. Hoxe en día os aparellos combinan as dúas técnicas.
* [[TAC]]: técnica radiolóxica que mostra imaxes de grande resolución de cortes en diversos planos do corpo.
 
=== Estudos non invasivos indirectos ===
* [[Electrocardiograma]]: en repouso e durante a realización dun esforzo (proba ergométrica), revela a existencia de [[estenose]]s (estreiteces das arterias coronarias).
* [[Radioisótopo]]s: [[Talio 201]].
 
=== Estudos invasivos ===
Inxéctase material de contraste no corpo por punción e radiografíase. Pode ser punción arterial ou venosa. Lévanse a cabo canso se vai seguir unha cirurxía arterial.
 
== Tratamento ==
=== Preventivo===
Recoméndase unha vida sá con exercicio moderado, evitar a [[obesidade]] e o [[estrés]] emocional, ao tempo que se vixian ou detectan a hipercolesterolemia, hipertensión, diabetes, hipeuricemia e se elimina o consumo de tabaco.
 
=== Paliativo ===
Sendo unha doenza crónica e progresiva (isto é, que non se cura), pódense paliar os seus efectos.