Juan Bautista Celma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{Biografía}}
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 39:
Por fin se dan por rematados e entregados en [[1584]] (segundo Amelia Gallego) ou [[1586]] (segundo a ''Gran Enciclopedia Galega''). Semella que o cabido quedou satisfeito porque ordenou o pago inmediato cando Celma presentou a conta total da obra o 4 de xuño de 1584, se ben o certo é que non se cancelou a débeda ata 1586.
 
Nos dous casos o pé está formado por tres torsos humanos soldados, a modo de [[telamón|atlantes]], coas pernas substituídas por follas de [[acanto]]. Coas cabezas sosteñen un capitel e, sobre este, as bases dos púlpitos, decorada a maior con seis [[harpía]]s, no caso do púlpito do [[lado do Evanxeo]], e seis [[tritón (mitoloxía)|tritóns]], no do [[lado da Epístola]]. Na basabase grande consta a autoría:
{{cita|"''Joannes Bautista Celma aragonensis pictor, anno Domini MDLXXXIII Compostellae faciebat''"}}
Sobre a basabase hai un zócolo hexagonal con seis escenas da vida do [[Santiago o Maior|Apóstolo]] separadas por resaltes coas imaxes dos doce [[apóstolo]]s, seis en cada púlpito, obra do prateiro compostelán Duarte de Cedeira. Os relevos do púlpito do lado do Evanxeo reproducen os da [[custodia]] do orfebre castelán [[Antonio de Arfe]]; os do púlpito do lado da Epístola son propios de Celma. Finalmente, érguese a balaustrada.
 
== Notas ==