Santiago Rugby Club: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Liña 29:
==Precedentes==
O rugby entrou en [[Galicia]] a finais do século XIX a través de buques estranxeiros (principalmente ingleses) que facían escala en portos como [[Vigo]], [[A Coruña]], [[Ferrol]] ou [[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]], e cuxas tripulacións eran en moitos casos recibidos coa celebración de eventos culturais e exhibicións deportivas que podían incluír encontros de rugby xogados polos propios tripulantes coa colaboración ocasional de deportistas locais. Está popularmente aceptado que o [[2 de marzo]] de [[1911]] as tripulacións dos buques “HMS Gloucester” e “HMS Liverpool” terían xogado na [[A Coruña|Coruña]] non só o primeiro encontró de [[rugby]] de Galicia <ref>[http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1911/03/02/pagina-4/615167/pdf.html Artigo no Mundo Deportivo] {{es}}</ref> senón tamén de toda España <ref>[http://www.marca.com/2011/02/23/mas_deportes/rugby/1298419481.html Artigo en Marca] {{es}}</ref>, malia que hai varios documentos que testemuñan a práctica do rugby en Galicia en anos anteriores). Pero trala marcha dos buques non quedaba ningunha estrutura que dese continuidade á práctica deste deporte entre a poboación galega.
[[Ficheiro:1936MedicinaCienciasRugby.jpg|250px|miniatura|dereita|Equipos de Medicina e Ciencias que se enfrontaron en 1936 na Residencia.]]
 
En [[Santiago de Compostela]], a 35 quilómetros do mar, non hai constancia de que se xogara ó rugby até mediados dos anos 1930's. Foi no contexto da [[Universidade de Santiago de Compostela]] onde unha serie de estudantes comezou cos adestramentos na [[Estadio de Atletismo da USC|Residencia]], dirixidos polo catedrático de ciencias catalán [[Fernando Calvet Prats]]<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108302&idImagen=10934542&idBusqueda=24382&posicion=10&presentacion=pagina Artigo en El Pueblo Gallego] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20170401163453/http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108302&idImagen=10934542&idBusqueda=24382&posicion=10&presentacion=pagina |date=01 de abril de 2017 }}, na hemeroteca dixital Galiciana. {{es}}</ref><ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1205439&idImagen=12143751&idBusqueda=24391&posicion=2&presentacion=pagina Artigo en El Pueblo Gallego], na hemeroteca dixital Galiciana. {{es}}</ref>, que practicara o rugby durante a súa estadía de tres anos en [[Oxford]].<ref>[http://culturagalega.org/albumdajae/detalle.php?id=136 Biografía de Fernando Calvet], en Cultura Galega.</ref> En novembro de [[1934]] foi elixido o estudante de medicina [[Xerardo Fernández Albor]] como encargado de levar a cabo os trámites para constituír oficialmente o primeiro club universitario <ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1107964&idImagen=10929435&idBusqueda=24362&posicion=5&presentacion=pagina Artigo en El Pueblo Gallego] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20170401174639/http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1107964&idImagen=10929435&idBusqueda=24362&posicion=5&presentacion=pagina |date=01 de abril de 2017 }}, na hemeroteca dixital Galiciana. {{es}}</ref>.