Diferenzas entre revisións de «Santiago Rugby Club»

m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
==Precedentes==
O rugby entrou en [[Galicia]] a finais do século XIX a través de buques estranxeiros (principalmente ingleses) que facían escala en portos como [[Vigo]], [[A Coruña]], [[Ferrol]] ou [[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]], e cuxas tripulacións eran en moitos casos recibidos coa celebración de eventos culturais e exhibicións deportivas que podían incluír encontros de rugby xogados polos propios tripulantes coa colaboración ocasional de deportistas locais. Está popularmente aceptado que o [[2 de marzo]] de [[1911]] as tripulacións dos buques “HMS Gloucester” e “HMS Liverpool” terían xogado na [[A Coruña|Coruña]] non só o primeiro encontró de [[rugby]] de Galicia <ref>[http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1911/03/02/pagina-4/615167/pdf.html Artigo no Mundo Deportivo] {{es}}</ref> senón tamén de toda España <ref>[http://www.marca.com/2011/02/23/mas_deportes/rugby/1298419481.html Artigo en Marca] {{es}}</ref>, malia que hai varios documentos que testemuñan a práctica do rugby en Galicia candoen menosanos dende 1895anteriores). Pero trala marcha dos buques non quedaba ningunha estrutura que dese continuidade á práctica deste deporte entre a poboación galega.
 
En [[Santiago de Compostela]], a 35 quilómetros do mar, non hai constancia de que se xogara ó rugby até mediados dos anos 1930's. Foi no contexto da [[Universidade de Santiago de Compostela]] onde unha serie de estudantes comezou cos adestramentos na [[Estadio de Atletismo da USC|Residencia]], dirixidos polo catedrático de ciencias catalán [[Fernando Calvet Prats]]<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108302&idImagen=10934542&idBusqueda=24382&posicion=10&presentacion=pagina Artigo en El Pueblo Gallego] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20170401163453/http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108302&idImagen=10934542&idBusqueda=24382&posicion=10&presentacion=pagina |date=01 de abril de 2017 }}, na hemeroteca dixital Galiciana. {{es}}</ref><ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1205439&idImagen=12143751&idBusqueda=24391&posicion=2&presentacion=pagina Artigo en El Pueblo Gallego], na hemeroteca dixital Galiciana. {{es}}</ref>, que practicara o rugby durante a súa estadía de tres anos en [[Oxford]].<ref>[http://culturagalega.org/albumdajae/detalle.php?id=136 Biografía de Fernando Calvet], en Cultura Galega.</ref> En novembro de [[1934]] foi elixido o estudante de medicina [[Xerardo Fernández Albor]] como encargado de levar a cabo os trámites para constituír oficialmente o primeiro club universitario <ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1107964&idImagen=10929435&idBusqueda=24362&posicion=5&presentacion=pagina Artigo en El Pueblo Gallego] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20170401174639/http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1107964&idImagen=10929435&idBusqueda=24362&posicion=5&presentacion=pagina |date=01 de abril de 2017 }}, na hemeroteca dixital Galiciana. {{es}}</ref>.
 
A ausencia doutros equipos en Galicia supuxo que non houbera encontros oficiais até o [[26 de abril]] de [[1936]], cando se xogou o primeiro encontro de rugby do que se ten constancia en Santiago de Compostela<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108374&idImagen=10935616&idBusqueda=24440&posicion=9&presentacion=pagina Artigo en El Pueblo Gallego] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20170401155443/http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108374&idImagen=10935616&idBusqueda=24440&posicion=9&presentacion=pagina |date=01 de abril de 2017 }}, na hemeroteca dixital Galiciana. {{es}}</ref>. Na residencia universitaria enfrontáronse os equipos representativos das facultades de Ciencias e Medicina, gañando o de Medicina por 3 a 0.<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108377&idImagen=10935667&idBusqueda=24444&posicion=16&presentacion=pagina Artigo en El Pueblo Gallego] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20170401165450/http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108377&idImagen=10935667&idBusqueda=24444&posicion=16&presentacion=pagina |date=01 de abril de 2017 }}, na hemeroteca dixital Galiciana. {{es}}</ref>
 
Trala [[Guerra civil española|Guerra Civil]] o [[Sindicato Español Universitario]] "SEU" convocou a formación de equipos en diferentes cidades de Galicia para participar nos Campionatos Nacionais Universitario, prosperando en Santiago de Compostela e Vigo a partir de [[1942]]. Ese ano o [[RC Deportivo]] creara na Coruña un equipo para disputar un encontro amigable fronte a un equipo de [[León]] pero non tivo vida máis aló daquel [[28 de xuño]] de [[1942]]<ref>[https://www.rcdeportivo.es/rcdeportivo/secciones-deportivas/rugby Artigo na web oficial domRC Deportivo] {{es}}</ref>, quedando sós os equipos De Santiago e Vigo. O [[28 de marzo]] de [[1943]] o equipos do SEU Vigo e do SEU Santiago enfrontáronse nun encontro de preparación no [[Estadio Municipal de Balaídos]] (primeiro encontro dos santiagueses fora da súa cidade) gañando o equipo vigués por 11-3<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1110379&idImagen=10951772&idBusqueda=24482&posicion=5&presentacion=pagina Artigo en El Pueblo Gallego] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20170401173640/http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1110379&idImagen=10951772&idBusqueda=24482&posicion=5&presentacion=pagina |date=01 de abril de 2017 }}, na hemeroteca dixital Galiciana. {{es}}</ref>. O [[2 de maio]] de [[1943]], esta vez no ''[[Estadio de Atletismo da USC|Stadium da Residencia]]'', o SEU Santiago gañou ó SEU Vigo polo mesmo resultado de 11-3 nun encontro valedeiro para o [[Copa do Rei de Rugby|Campionato Nacional]]<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1110404&idImagen=10951969&idBusqueda=24492&posicion=4&presentacion=pagina Artigo en El Pueblo Gallego] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20170401164109/http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1110404&idImagen=10951969&idBusqueda=24492&posicion=4&presentacion=pagina |date=01 de abril de 2017 }}, na hemeroteca dixital Galiciana. {{es}}</ref> (primeiro encontro e primeira vitoria en competición oficial). Oito días despois, o [[10 de maio]] de [[1943]], o SEU Santiago perdía na seguinte fase do torneo por 15-3 contra o equipo de rugby do [[Real Madrid]] <ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1077700&idImagen=10763190&idBusqueda=24498&posicion=4&presentacion=pagina Artigo en Hoja de los Lunes], na hemeroteca dixital Galiciana. {{es}}</ref>. Aquel foi o primeiro encontro dun equipo de rugby santiagués contra un equipo de fora de Galicia. A primeira vitoria contra un equipo non galego chegou o [[27 de febreiro]] de [[1944]] cando o SEU Santiago derrotou ó SEU Valladolid por 15-3.<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1110651&idImagen=10953835&idBusqueda=24509&posicion=4&presentacion=pagina Artigo en El Pueblo Gallego] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20170401172554/http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1110651&idImagen=10953835&idBusqueda=24509&posicion=4&presentacion=pagina |date=01 de abril de 2017 }}, na hemeroteca dixital Galiciana. {{es}}</ref>
11.335

edicións