Disquete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 20:
Tamén foi usado na industria dos [[videoxogo]]s, cando [[Nintendo]] fixo un formato propio de disquete, parecido ao actual de 3 1/2, para usar cun periférico deseñado para a consola [[Famicom]] chamado [[Famicom Disk Drive]]. No entanto, só foi lanzado en [[Xapón]]. Tamén se vendían disquetes en branco, para gravar xogos na rúa, mediante máquinas automáticas instaladas nalgúns lugares do Xapón.
 
Coa chegada da década dos noventa, o aumento do tamaño do software fixo que moitos programas fosen distribuídos en conxuntos de disquetes. Cara ao final dos noventa, a distribución do software foi migrando gradualmente cara ao [[CD-ROM]], e introducíronse formatos de copias de seguridade de maior densidade, como os [[disco Zip|discos Zip]] de [[Iomega]]. Coa chegada do acceso total á [[Internet]], das redes [[Ethernet]] baratas e das [[memoria USB|memorias USB]], os disquetes deixaron de ser necesarios para a transferencia de datos. A partir de entón, as copias de seguridade empezaron a ser realizadas en [[cinta magnética|cintas magnéticas]] de alta capacidade como [[cinta de audio dixital|cintas de audioson dixitais (DAT)]] ou ''[[streamer]]s'', ou a escribirse en [[Disco compacto|discos compactos (CD)]] ou [[DVD]]. Un intento a finais dos noventa (sen éxito no mercado), de continuar cos disquetes foi o [[SuperDisk]] (LS-120), cunha capacidade de 120 MB (en realidade 120.375 MiB 6848 cilindros x 36 bloques/cilindro x 512 bytes, sendo o lector compatible cos disquetes estándar de 3½ polgadas).
 
Con todo, os fabricantes negábanse a suprimir a disqueteira dos seus equipos persoais pola compatibilidade e porque os departamentos da [[tecnoloxía da información]] de moitas empresas apreciaban un mecanismo de transferencia de arquivos integrado que sempre funcionase correctamente sen requirir ningún [[controlador de equipo|controlador]]. [[Apple Computer]] foi o primeiro fabricante que eliminou a disqueteira nun dos seus ordenadores coa chegada do modelo [[iMac]] en [[1998]], e [[Dell]] fixo que a disqueteira fose opcional nalgúns dos seus modelos en [[2003]]. Con todo, ata a data, estes movementos aínda non marcaron o fin dos disquetes como medios populares de almacenamento e intercambio de datos.