Olivier Messiaen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 18:
|signatura =
|lugardesepultura=Saint-Théoffrey}}
'''Olivier Eugène Charles Prosper Messiaen''', nado en [[Aviñón]] o [[10 de decembro]] de [[1908]] e finado en [[Clichy]] o [[27 de abril]] de [[1992]], foi un [[compositor]], [[Órgano (música)|organista]] e [[pedagoxía|pedagogo]] [[Francia|francés]]. Foi unha figura influente, única e inclasificable. Estudou órgano e composición en [[París]]. En cuxo [[Conservatorio de París|conservatorio]] ingresou aos 11 anos e tivo como profesores a [[Paul Dukas]], [[Marcel Dupré]], [[Maurice Emmanuel]] e [[Charles-Marie Widor]]. Foi designado organista na [[Igrexa da Santa TrinidadeTrindade]] de [[París]] en [[1931]], posto que ocupou até a súa morte.
 
En 1940, na batalla de Francia, Messiaen converteuse en prisioneiro de guerra, e mentres estaba encarcerado compuxo o seu ''Quatuor pour la fin du temps'' (''Cuarteto para o fin dos tempos'') para os catro instrumentos dispoñíbeis alí: piano, violín, violoncello e clarinete. A obra foi estreada por Messiaen e os seus amigos prisioneiros ante unha audiencia de prisioneiros e vixiantes.​ Ao saíres de prisión en 1941, pronto foi nomeado profesor de harmonía, e máis tarde profesor de composición en 1966 no Conservatorio de París, posto que mantivo até o seu retiro en 1978. Entre os seus distinguidos alumnos están [[Pierre Boulez]], [[Yvonne Loriod]] (quen despois sería a segunda muller de Messiaen, e a intérprete por excelencia das súas obras escritas para piano ou con piano solista), [[Karlheinz Stockhausen]], [[Iannis Xenakis]], [[William Bolcom]] e [[George Benjamin]].