Antemio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Arranxo caixa de gobernante
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 9:
Coma o seu pai, '''Antemio''' adicouse á vida militar. Acada o título de ''comes militarum'' e no [[453]] atópase reforzando as defensas das fronteiras do [[Rhin]], que estaban desvastadas despois da morte de [[Atila]]. Volta a [[Constantinopla]] no [[454]], sendo nomeado Mestre de Soldados e Patricio, e estase a considerar para chegar a ser cónsul. Todos estes honores, axudado ademais polo seu matrimonio, levan a [[Marciano]] a consideralo coma un bo herdeiro para o trono do Imperio. A idea era que tras a morte de [[Avito]], no imperio occidental, fose '''Antemio''' o elexido; pero no [[457]], coa morte de [[Avito]], non se pode levar a cabo o plano, xa que [[Marciano]] morre e o elexido para o imperio Oriental é [[León I]], que estaba baixo o control do bárbaro Aspar e era un candidato manexable. Mentres tanto, '''Antemio''' continua coma Mestre de Soldados, defende en [[Ilirycum]] dun grupo de godos baixo o mando de ''Valamer'' e no [[466]] loita contra os [[hunos]], que cruzaran o [[Danubio]] ao mando de ''Hormidac'', e evita a toma da [[Dalmacia]].
 
== O Acceso ao Poder ==
 
Durante anos, os vándalos estiveran atacando as costas de [[Italia]]. Pero no [[467]] aumentan estes ataques cara [[Grecia]] e o [[Peloponeso]]. Isto fai que o Emperador [[León I]] nomee a '''Antemio''' como emperador de Occidente aproveitando o longo interregno dende a morte de [[Libio Severo]] no [[465]]. Dende aquela data, [[ Ricimero]] gobernaba o Imperio Romano coma un auténtico emperador.